En novembro no Club de lectura mensual están a ler…. Nada de Carmen Laforet

Texto por Patricia Nuñez

Nada, de Carmen Laforet

 

Sobre a lectura:

Nada é unha novela escrita por Carmen Laforet en 1944, que gañou o Premio Nadal en 1945; máis tarde, en 1948, obtivo o Premio Fastenrath da Real Academia Española. A obra chamou a atención non soamente pola xuventude da escritora, que por aquel entonces tiña 23 anos, senon tamén pola descripción que Laforet fixo da sociedade de aquela época.

 

Nada é unha novela de carácter existencialista na que Carmen Laforet reflicte o estancamento e a pobreza na que se atopaba a España da posguerra. A escritora soubo transmitir con esta obra, escrita cun estilo literario que supuxo unha renovación na prosa da época, a lenta desaparición da pequena burguesía trala Guerra Civil.

 

Sobre a autora:

Carmen Laforet Díaz naceu o 6 de setembro de 1921 en Barcelona. Trasladouse a Canarias ca súa familia cando contaba 2 años de idade, pero con 18 regresou a Barcelona para estudar Filosofía e Letras e Dereito, sen chegar a terminar ningunha das carreiras. Tres años máis tarde vaise a Madrid, onde contrae matrimonio.

 

Gañou con 23 años a primeira edición do Premio Nadal con Nada, obtendo un enorme éxito de público (tres edicións o mesmo ano da súa publicación) e da crítica, que culminou en 1948 co premio Fastenrath da RAE.

Máis tarde continuou a súa obra narrativa con varias novelas, contos e relatos cortos. A insolación, publicada en 1963, é a súa última novela e a primeira parte dunha triloxía que debía titularse Tres pasos fora do tempo.

Finou en Madrid o 29 de febreiro de 2004.

 

Máis información sobre a autora en:

http://www.carmenlaforet.com/

http://www.revistaclarin.com/1017/el-silencio-roto-de-carmen-laforet/

http://www.bibliofiloenmascarado.com/2010/09/12/biografia-semanal-carmen-laforet/

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s