Una mujer difícil de John Winslow Irving a primeira lectura de xaneiro do CL Semanal

Texto por Gabriel G. Estevez cl

Una mujer difícil. Información da obra

O autor

John Winslow Irving (Exeter, New Hampshire, 1942) é un escritor e guionista estadounidense, autor de numerosos bestsellers e guionista gañador dun Óscar.

As circunstancias do seu nacemento e da súa infancia teñen alimentado os temas e acción de moitas das súas novelas: a súa nai pertencía a unha das máis antigas e distinguidas familias de Nova Inglaterra, tendo a Irving fóra do matrimonio, sen desvelar nunca a identidade do seu pai. Irving non sabería quen era o seu proxenitor natural até que tivo sesenta anos. O feito de non coñecer o seu pai marcou moitas das súas obras, con mulleres que deixaban frecuentemente sós aos seus fillos. Irving naceu tamén durante a Segunda Guerra Mundial; as feridas de guerra son frecuentemente presentes nos seus libros.

Irving fixo os seus estudos en Exeter, onde foi un estudante mediocre, por mor dunha dislexia non diagnosticada mais un loitador excepcional. Estudou literatura inglesa na Universidade de New Hampshire e en 1963 trasladouse a Viena, grazas a unha bolsa, onde pasou dous anos no Instituto de Estudos Europeos. Entre 1965 e 1967 escribiu as súas primeiras novelas, mais coa aparición de El mundo según Garp, en 1976, conseguiu por fin o éxito e a fama tanto en Estados Unidos como nas múltiplas linguas ás que foi traducida. Desde aquela crítica e público teñen aclamado ao unísono cada unha das súas seguintes obras.

Son varios os temas recorrentes na obra de Irving, entre as cales, a Nova Inglaterra, as prostitutas, a loita, Viena, Iowa, os osos, os accidentes mortais ou as relacións sexuais entre adolescentes e mulleres máis vellas. Tampouco é raro que un ou os dous pais duns dos personaxes principais estea ausente ou sexa descoñecido; tampouco que un dos personaxes principais traballe na industria do cinema dunha maneira ou doutra. Tamén hai varias novelas cuxo personaxe é escritor.

Irving gañou o Óscar no ano 2000 por “Mellor Guión Adaptado” polo seu guión de The Cider House Rules (Príncipes de Maine, reyes de Nueva Inglaterra – Las normas de la casa de sidra).

 

A súa obra, traducida ao castelán, é a seguinte:

El Hotel New Hampshire (Tusquets, 1995)

Las normas de la casa de la sidra (Tusquets, 1996)

La epopeya del bebedor de agua (Tusquets, 1997)

Oración por Owen (Tusquets, 2000)

Un hijo del circo (Tusquets, 2001)

Doble pareja (Anagrama, 2002)

La cuarta mano (Tusquets, 2003)

Hasta que te encuentre (Tusquets, 2006)

Una mujer difícil (Tusquets, 2007)

El mundo según Garp (Tusquets, 2008)

Última noche en Twisted River (Tusquets, 2010)

Libertad para los osos (Tusquets, 2013)

Personas como yo (Tusquets, 2014)


 

A obra. Una mujer difícil (1998)

Nacida para substituír, en certo modo, a dous irmáns mortos nun accidente, Ruth Cole vive unha infancia moi especial. No verán de 1958, cando ten catro anos, a súa nai abandona o fogar. Ruth queda co seu pai, co que mantén unha relación de amor-odio marcada pola rivalidade. Pero, andando o tempo, aos trinta e seis anos, Ruth converteuse nunha muller atractiva e nunha escritora de éxito, e, a pesar da súa personalidade complexa e difícil, catro anos despois non só casou, senón que ten un fillo, enviúva e, por se fora pouco, namórase por primeira vez. O que non podía prever era a reaparición da inquietante nai.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s