Preparándonos para a comparsa de antroido (I). De que imos?

Este ano o tema elexido son os Maorís…

 ¿Quen son os maorís?

Os maorís son unha etnia polinesia (Hawai) que se instalou nas illas de Nova Zelanda do sur. Maorí significa “común, normal, nativo” nas linguas polinesias

maoriesO SAÚDO: Hongi é o saúdo tradicional maorí, ou agradecemento. Tócanse as narices en vez de darse un bico na meixela coma na nosa cultura.

MaoriGreeting

A CULTURA E HÁBITOS MAORÍS

Son moi espirituais. Todo o presente na natureza é sagrado, representa deuses e está vivo. Todo o que existe ten un espíritu chamado Mana, incluso os obxectos fabricados. Se alguén non autorizado toca o Mana pode traer a desgracia a toda a tribu. Antes da colonización eran practicaban canivalismo

A MÚSICA E O BAILE

O grupo de rugbi de Nova Zelanda fixo moi famoso a danza tradicional maorí que era tamén unha danza de guerra que servía para asustar ao inimigo e da valor a que o baila. Chámase Haka e bailase dando gritos e palmadas moi fortes á vez que se xesticula moito coa cara. Ven a dicir: “Ven a min, mira nos meus ollos, estoute agardando e non teño medo de ti”

Tamén hai cancións de amor e nanas, e o baile co poi, unha especies de pompóns unidos por unha corda que se ata ao cinturón sobre todo das mulleres

mujeres_maoríes OINABSUR-2007-054

AS TATUAXES MAORÍS teñen un significado de estatus e da historia da familia ou tribu. Fanse a partir da adolescencia e en calquera parte do corpo incluíndo a cara, as mulleres principalmente no mentón e os homes nos brazos

maori-tattoo-designs_3598 MaorisTattoo

ORGANIZACIÓN SOCIAL

O xefe da tribu, ariki, é o representante do ceo (rangi) e a súa importancia depende da antigüidade da súa árbore xeanolóxica.

Os sacerdotes, tohunga, medían a súa influencia pola cantidadede mansións que lles confiaban. A súa función era adiviñar o destino da tribu e alexar os tabús (tapu), defender dos sortilexios, purificar aos nenos, ocuparse dos enterros, ademais eran astrólogos, botánicos, poetas, historiadores e titores dos xefes xoves e os fillos dos nobres que eran sobre todo guerreiros.

A clase media estaba formada polos fillos dos nobres que eran sobre todo guerreiros e campesiños.

Os últimos da cadea son os escravos.

Os maoríes eran guerreiros en constante alerta, o estado de guerra apenas se interrompía xa que o factor sorpresa era un papel importantísimo para a vitoria.

O sacerdote tamén ia a guerra e facía súas predicións plantando no chan tantos pais coma xefes e os mellores guerreiros e, polo numero de paus que caeran pola brisa da noite, predicían como sería a sorte na batalla.

AS CANCIÓNS E OS BAILES

A HAKA é unha danza de guerra que se facía para intimidar ao inimigo antes do combate.

Todo o corpo debe falar, por iso os guerreiros ademais de cantar, dan palmadas coas man se golpean cos pes o chan. Todo o corpo combina os movementos para expresar a coraxe dos guerreiros.

LETRA Ka mate: (moi popularizada polos All Blacks)

Ka mate, ka mate, Ka ora, ka ora
Ka mate, ka mate, Ka ora, ka ora
Tēnei te tangata pūhuruhuru
Nāna nei i tiki mai whakawhiti te rā
Whakawhiti te ra
Ā upane, ka upane
Ā upane, ka upane
Whiti te rā, hī!

Que traducido ao galego ven a dicir algo así:
¡Morro! ¡Morro! ¡Vivo! ¡Vivo!
¡Morro! ¡Morro! ¡Vivo! ¡Vivo!
Este é o home peludo (valente, en la cultura maorí)
Que trouxo o sol e o fixo brilar de novo
Un paso, outro paso
Un paso, outro paso
¡O Sol brila!

Cómo se baila:

Golpea as mans contra os muslos
Infla o peito
Dobra os xeonllos
Sigue coa cadeira
Golpea teus pés contra o chan o máis forte que poidas.

ALGUNHAS PALABRAS EN MAORÍ. Podedes ir practicando na casa algunhas palabras para meternos mellor no papel:

Kia Ora: (é un saúdo)Ola / como está?/ Bos días

Haere Mai: Benvido

Mania: Chaira, prado

Maunga: Monte, montaña

Moana: Mar ou lago grande

Motu: illa

Awa: río

Wai: auga

Whanga: Baía

Nui: ancho, grande

Iti: pequeno

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s