Preparándonos para a comparsa de antroido (II) Como se fai o disfraz?

COMPARSA ANTROIDO 2015: MAORÍS. Ficha de disfracedisfraces

 Material básico para 1 disfrace:

  • 72m adulto/ 29m neno de corda sisal ou corda pita 3 cabos preferentemente (Disfrace masculino)
  • 53m adulto/ 25m nena de corda sisal ou corda pita 3 cabos preferentemente (Disfrace feminino)
  • ½ bolsa de cor verde* (20 cm cinto, 10 cm diadema, 20 cm cubrebotas)
  • 10 cm aironfix vermello
  • 10 cm aironfix negro
  • 15 cm velcro de pegar preferentemente negro
  • Goma elástica (ancho da cintura)

Outros materiais: tesoiras, regra, lapis, celo transparente

*No caso de non haber bolsa pástica verde, poderase levar en cor azul.

O aironfix é unha especie de forro dos libros de pegar opaco de cores

Debemos levar roupa negra por debaixo

 

COMUNS MASCULINO/FEMININO:

Cinto: 20cm de bolsa plástica verde (dobrada a metade) con 1 cadrado 6x6cm + 2 cadrados de 9x9cm aironfix vermello e 3 cadrados aironfix negro de 9x9cm

Diadema: 10 cm de bolsa plástica verde con 1 cadrado 3x3cm + 2 cadrados 4x4cm aironfix vermello e 3 cadrados 4x4cm aironfix negro

Cubrebotas: dúas tiras de bolsa de 20cm ou 30cm de largo e o ancho calcúlase polo ancho da bota/zapato

 

DISFRAZ MASCULINO 

Saia corda pita NENO: goma ancho da cintura + 30/35 tiras de 60cm de corda pita

Saia corda pita ADULTO: goma ancho da cintura + 60 tiras de 80cm de corda pita

Chal de corda pita ADULTO: unha tira de aprox 2m + 35 tiras de 60cm

Chal de corda pita NENO: unha tira de aprox 1.50m + 15 tiras de 40cm

 

DISFRAZ FEMININO:

Saia corda pita ADULTO: goma ancho da cintura + 60 tiras de 80cm de corda pita

Saia corda pita NENA: goma ancho da cintura + 30/35 tiras de 60cm de corda pita

Colar de corda pita ADULTO: unha tira de aprox 1m + 6 tiras de 60cm

Colar de corda pita NENA: unha tira de aprox 1m + 6 tiras de 40cm

 cadro medidas

 

1.COMO FACER A SAIA DE CORDA?

  1. Cortamos un anaco de aproximadamente 1metro de corda, segundo o contorno de cada un. Podemos tamén usar unha goma
  2. Cortamos os anacos de corda para ir anudándoas na corda ou goma que fai de cintura, segundo a fotografía ata completar o contorno. Despois deberemos desfacer o trenzado da corda para darlle mais volume a saia. (un consello: abrindo dende arriba é mais sinxelo)

Un consello: ármate de paciencia e ten cerca un aspirador. E realmente sinxelo!!!

 saia

2. COMO FACER O COLAR /CHAL

A técnica é a mesma que a saia. As tiras do colar teñen que ir mais apretadas entre elas que o chal que deben estar separadas e distribuídas ao longo da corda que fai de perímetro

 colar e chal

3. COMO FACER O CINTURÓN E A DIADEMA

cintodiadema

O cinturón e a diadema fanse igual so que en diferentes dimensións

cinto cadro

Nos dous casos o cadrado pequeno vermello vai no medio, cos outros cadrados faremos os triángulos e os < >. Que se pegarán seguindo a serie marcada.

Procedemento:

  1. Corta a bolsa de cor ao ancho.
  2. Corta os cadrados vermellos e negros nas medidas que se indican
  3. Aparta o cadrado vermello mais pequeno. Ese colócase no centro
  4. Co resto dos cadrados tes que facer o seguinte:
  5. Dobramos o cadrado a metade pola diagonal e cortamos (convertíndoo en dous triángulos)
  6. Collemos o triangulo e dobrámolo pola metade
  7. Marcamos coa regra unha liña de 2cm de ancho en paralelo ao lado mais longo do triángulo. Cortamos
  8. Xa temos o triángulo e o <
  9. Segue a secuencia, é igual para o cinto que para a diadema.

como facer o cinto

 

Opcional: podes personalizalo mais e decoralo con gomets triangulares vermellos

 

4. COMO FACER OS CUBREBOTAS

Os cubrebotas podémolos facer de corda (co mesmo procedemento que a saia) ou con bolsa de cor. Aquí propoñémolo facer con bolsa de cor:

  1. Cortamos sobre 20 cm polo ancho da bolsa. Se queremos tapar mais a bota podemos poñer o ancho que queiramos tapar
  2. Cortamos a tira seguindo a dobrez da bolsa. Converténdoa en dous rectángulos de 20×65 aproximadamente
  3. Axustamos o ancho segundo o perímetro ou contorno da bota/perna
  4. cortamos flecos de 2 cm de ancho aproximadamente
  5. Colocámolo velcro na parte superior segundo o contorno/perímetro da bota ou perna

cubrebotas

 

PARA QUEN QUEIRA PERSONALIZALO MAIS…

Podemos levar paus de choiva decorados cos debuxos típicos maorís para ir facendo ruído e animando o ambiente mentres desfilamos.

As mulleres poden levar pois, que son pompóns xigantes que se colgan do cinto e se usan en distintos bailes.

OUTROS TIPOS DE COLGANTES:

Para quen o colar ou o chal de rafia lle pique no pescozo, pode substituílo por un colgante de carton branco seguindo estes modelos:

colgantes

Participaremos con outros centros socioculturais, os disfraces de cada centro teñen algunhas variacións pero todos seguen a misma linea. Podedes consultar no blog destes centros como é o disfrace deles e adaptar o voso segundo as vosas preferencias. http://candochove.blogspot.com.es/

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s