Club de lectura semanal: La mujer habitada de Gioconda Belli

Imagen1

A autora

Gioconda Belli (Managua, Nicaragua, 1948) é unha poetisa e novelista nicaragüense que goza de amplo recoñecemento internacional.

O seu pai, Humberto Belli, era empresario. A súa nai, Gloria Pereira, foi fundadora do Teatro Experimental de Managua. Gioconda foi a segunda de cinco irmáns. Tras cursar Primaria no seu país e Secundaria en España, obtivo o diploma en Publicidade e Xornalismo nos Estados Unidos, tras o cal regresou a Managua.

Desde 1970, ano en que comezou a escribir os seus poemas e como moitos intelectuais da súa xeración, integrouse nas filas da Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), nese momento unha organización clandestina e perseguida cuxo obxectivo era o derrocamento do réxime de Anastasio Somoza. Os seus poemas apareceron por primeira vez no semanario cultural La Prensa Literaria do diario La Prensa. A súa poesía, considerada revolucionaria na súa maneira de abordar o corpo e sensualidade feminina, causou gran polémica.

Foi correo clandestino, transportou armas, viaxou por Europa e América Latina obtendo recursos e divulgando a loita sandinista. Chegou a ser membro da Comisión Político-Diplomática da FSLN.

Despois do triunfo da Revolución Nicaragüense en 1979, ocupou varios cargos dentro do goberno revolucionario. Entre 1982 e 1987, publicou tres libros de poesía máis.

Belli deixou todo cargo oficial en 1986 para dedicarse a escribir a súa primeira novela, La mujer habitada, publicada en 1988, que foi moi aclamada pola crítica e alcanzou en Europa e América Latina, grandes tiraxes e numerosas edicións. Desde esta publicación ata hoxe Belli publicaría media ducia de novelas máis.

Desde 1990 alterna o seu tempo entre os Estados Unidos e Nicaragua.

As súas novelas son as seguintes:


  • Sofía de las presagios (Seix Barral, 2013)
  • Waslala (Seix Barral, 2006)
  • El pergamino de la seducción (Seix Barral, 2007)
  • El infinito en la palma de la mano (Seix Barral, 2010)
  • El país de las mujeres (Belacqua, 2010 // Seix Barral, 2013)
  • El intenso calor de la luna (Seix Barral, 2014)

 

A obra. La mujer habitada (1988)

 

Partindo da dramática historia de Itzá, que por amor a Yarince morre loitando contra os invasores españois, o relato condúcenos ata Lavinia, unha moza arquitecta, moderna e independente, que ao terminar os seus estudos en Europa ve o seu país con ollos diferentes.

 

Mentres traballa nun estudio de arquitectos, Lavinia coñece a Felipe, e a intensa paixón que xorde entre ambos é o estímulo que a leva a comprometerse na loita de liberación contra a ditadura de Somoza.

 

La mujer habitada mergulla o lector nun mundo máxico e ferozmente vital, no que a muller, vítima tradicional da dominación masculina, rebélase contra a secular inercia e participa de forma activa en acontecementos que transforman a realidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s