No mes de abril estamos a ler “Un arbol crece en Brooklyn” de Betty Smith

Un árbol crece en Brooklyn (1943), de Betty Smith: Betty_Smith

Corren os anos 20 do século pasado e descubrimos á pequena Francie Nolan e á súa estrafalaria familia, a cal malvive nun barrio de Brooklyn. Francie crece rodeada dos libros e pronto empeza a preguntar e a pedirlle á vida algo máis que un triste acomodo na mediocridade. Desas fermosas e tercas ganas de saber nace Un árbol crece en Brooklyn, unha novela onde calquera detalle da vida doméstica revela un mundo feito de apostas e desexos, onde os personaxes son tan próximos que nos den as súas dores e onde o soño americano cobra por fin peso e cor.

 

Aquí tendes o enlace para o book-trailer:

E tamén unha entrevista á editora Silvia Querino sobre “Un árbol crece en Brooklyn”:

Sobre Betty Smith:

Elisabeth Lillian Wehner (1896-1972) naceu nun barrio de emigrantes pobres de Brooklyn, que aínda era unha cidade separada de Nova York. A súa infancia transcorreu nunha pobreza extrema, cuxa dureza e privacións reflectiría na súa novela máis coñecida.

Betty estudou na escola do seu barrio ata os catorce anos, poñéndose a traballar en diversos oficios. Dende 1915 ata 1917 estudou na Girl´s High School. Trasladouse a Michigan, y xa nai de dúas fillas, estudou Dereito na Universidade de Michigan, ao tempo que tomaba clases de interpretación, e comezaba a escribir obras de teatro. Dende 1931 a 1934 estudou na Drama School da Universidade de Yale. Continuou escribindo ata 1963. A súa obra máis coñecida, Un árbol crece en Brooklyn, foi levada ao cine e estreada tamén como comedia musical.

un arbol crece en brooklyn

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s