Males de cabeza. Novo libro no club de lectura semanal

Males de cabeza. Información da obra

Imagen2

O autor

Francisco Alonso Villaverde (Vigo, 1963) é un escritor galego. Estudou filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ao xornalismo e ao ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e desde 1992 traballa na Editorial Xerais.

Deuse a coñecer en 1991 ao gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. Desde entón publicou novelas, libros de relatos, poesía, literatura infantil, xuvenil, e libros de xornalismo.

Como poeta é autor dunha innovadora e interesante obra desde 1992, cando deu ao prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996, Subversións en 2001. O seu último poemario constitúeo O meu gato é un poeta, un libro de poemas acompañado dun cd con música que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras máis novos.

A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos, durante o período de vixencia destas.

Así mesmo é colaborador de diversos medios de comunicación, activista a favor da lectura, realizou o deseño e ilustracións dalgúns dos seus libros e leva a cabo diversos espectáculos poéticos. A súa obra está traducida a varias linguas.

A súa obra, no ámbito da novela, é a seguinte:

  • Tráiler (Xerais, 1991)
  • A lúa no probador (Diario 16, 1992)
  • Cemiterio de elefantes (Xerais, 1994)
  • Silencio (Nigra, 1995 – reed. Xerais, 2001)
  • Males de cabeza (Xerais, 2001)
  • Ninguén (Xerais, 2011)
  • A punta de pistola (Xerais, 2012)

A obra. Males de cabeza (2001)

Males de cabeza, a nova obra narrativa de Fran Alonso, reflexiona sobre ese vento que sopra desde as entrañas da cultura urbana contemporánea e que nos arrastra entre as follas invisibles dunha neurose colectiva.

Máis que un libro, Males de cabeza é unha arañeira de seda ácida que se vai tecendo con extremado coidado arredor dun dos temas que máis paixón e inquedanza teñen espertado ao longo do milenio: a tolemia.

Nas súas páxinas déitase unha ollada sobre a condición humana, ás veces con tenrura, ás veces con dureza, ofrecéndonos unha visión propia e moderna da tolemia, desa tolemia próxima e contemporánea que a todo o mundo roza. E faino espindo as tensións e contradiccións cotiás do noso tempo e da nosa sociedade e abrindo un coloquio coa tradición literaria e cinematográfica que recrea a loucura.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s