O Club de Lectura semanal comeza “Non hai noite tan longa”

Texto por Gabriel Gomez

Imagen1

Non hai noite tan longa. INFORMACIÓN DA OBRA

O autor

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é un escritor e pedagogo galego.

Diplomado en enxeñaría industrial mecánica, e licenciado en Ciencias da Educación, foi profesor de lingua galega no ensino primario e no secundario. Actualmente está xubilado.

Como mestre e pedagogo, é autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. Ademais, entre 1988 e 1990 traballou para a Consellaría de Educación como asesor para a reforma educativa e preparando deseños curriculares tanto de primaria como de secundaria, na área de lingua. De 1990 a 1995 traballou como Coordinador Docente de Galego.

Tamén é membro do grupo de traballo sobre lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL (Servizo de Orientación á Lectura), da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Agustín Fernández Paz é un dos nomes chave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas, en especial ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao portugués pero tamén ao asturiano, ao francés, ao árabe e ao coreano, e polos premios conseguidos, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín ou o Lazarillo. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil, nas súas siglas en inglés). Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009.

Ademais, realizou un longo labor editorial para Edicións Xerais, coordinando durante moitos anos a colección “Merlín” de literatura infantil e xuvenil.

Aínda que a súa basta obra encóntrase destinada, principalmente, ao lector infantil e xuvenil, nos últimos anos ten publicado para o lector adulto. Ademais de Non hai noite tan longa, encontramos:

  • O rastro que deixamos, 2012, Xerais.
  • A viaxe de Gagarin, 2014, Xerais.

 

A obra. Non hai noite tan longa (2011)

Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972.

Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. O encontro coa ánima do seu pai, na desolada casa familiar cambiaralle a vida para sempre.

Unha obra de lectura engaiolante, debedora das técnicas da novela negra, que ofrece unha minuciosa indagación moral e unha ácida ollada crítica sobre a nosa sociedade en dous momentos da historia próxima: os últimos anos da ditadura e os primeiros do século XXI.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s