Curso monográfico de Iniciación ao márketing nas Redes Sociais

Iniciación ao Marketing nas RRSS definitivo

As Redes socias son un instrumento cada vez mais utilizado por empresas e persoas que queren promocionarse elas ou seus servizos, propoñemos esta pequena acción formativa para axudar a ter as ferramentas necesarias para poder conseguir esa reputación dixital desexada e que te poderá axudar a impulsarte profecionalmente

 

 

REDES SOCIAIS: UNHA NOVA CANLE DE COMUNICACIÓN E MARKETING PARA O TEU NEGOCIO (Iniciación ao Marketing nas Redes Sociais)

Imparte: Rebeca Babarro


DESTINATARIOS: Microempresas, autónomos e persoas con coñecementos previos no manexo das Redes Sociais a nivel de usuario, que queiran iniciarse na xestión de comunidades e reputación online de unha marca ou negocio.

 

REQUISITOS: coñecementos previos no manexo das Redes Sociais a nivel de usuario.

DATAS: Sábados 21 e 28 de novembro, de 17h15 a 21h.

CARGA LECTIVA: 7 horas

LUGAR: Aula multimedia do Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16. Baixo)

 

OBXECTIVOS:

– Entender a oportunidade que ofrecen as Redes Sociais no eido profesional e empresarial.

– Capacitar a nivel básico para xestionar a imaxe de unha pequena empresa, marca ou iniciativa nas Redes Sociais .

– Incrementar a competitividade e impacto online de pequenas iniciativas e empresas.

– Aprender a utilizar as Redes Sociais maioritarias desde a perspectiva do marketing profesional e de empresa.

– Aprender a definir unha estratexia a seguir para levar a cabo eficazmente unha campaña en Redes Sociais, coñecendo as ferramentas, técnicas e métricas máis importantes do Community Manager.

 

METODOLOXÍA DE TRABALLO

– O contido do monográfico será maioritariamente teórico, aínda que se abordará a planificación de unha comunidade virtual ficticia, coa que exemplificar os coñecementos que se vaian adquirindo.

– A metodoloxía será tamén de carácter aberto, resolvendo as dúbidas detectadas no grupo, partindo do principio de participación activa e implicando ao propio alumnado no seu proceso de aprendizaxe.

 

 

CONTIDOS TEMÁTICOS:

 

XORNADA 1 – SÁBADO 21 DE NOVEMBRO

 INTRODUCCIÓN AO MARKETING EN REDES SOCIAIS

– As RRSS como canle de Marketing.

– Fundamentos das Campañas de Marketing Online.

– O día a día do Community Manager.

 

CREACIÓN DA IDENTIDADE SOCIAL: O PLAN DE COMUNICACIÓN.

– O Plan de Medios Sociais. Deseño dun Plan de Social Media.

o Análise da situación.

o Definición de obxectivos.

o Identificación do Público Obxectivo e os Medios a empregar.

o Definición da estratexia a seguir en cada rede.

o Acción de Arranque.

o Creación e xestión de contido nos medios sociais.

o Protocolos de continxencia en caso de crise.

o Periodicidade e parámetros de medición de resultados.

 

XORNADA 2 –SÁBADO 28 DE NOVEMBRO

FACEBOOK

– Facebook como ferramenta de marketing.

– Boas prácticas en Facebook.

– Cómo crear e utilizar as páxinas de Facebook.

– Programación de publicacións.

– Concursos e promocións.

– Anuncios en Facebook.

– Estatísticas de resultados

 

 

TWITTER INSTAGRAM
 

– Léxico e uso de Twitter.

– Acortadores de URL.

– Boas e malas prácticas en Twitter.

– Ferramentas de publicación e programación.

– Estatísticas de resultados

 

 

– ¿Que é Instagram?

– ¿Como se usa Instagram?

– Obter seguidores

– Consellos básicos de fotografía móbil

– Algunhas aplicacións para xestión de contas

 

UNHA REDE, A ELECCIÓN DO ALUMNADO PARTICIPANTE
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s