Curso de creación literaria: Comezar a escribir

 

Curso Creación literaria

Impartido por: Gabriel Gómez Estevez

 

Contidos

Neste pequeno curso quérese que os participantes se acheguen ao acto de escribir construíndo a súa primeira historia. Esta historia poderá ser un relato curto ou longo, quen sabe se o xermolo dunha novela. O principal obxectivo é que se lle perda “respecto” á escrita, que os participantes se lancen a escribir e que o vexan como algo lúdico, no que a imaxinación, as vivencias, as lecturas son parte intrínseca desta arte.

 

Ao longo das diferentes sesións ensinaranse técnicas, ofreceranse consellos para dar a quen se achegue a este monográfico as primeiras ferramentas para iniciarse no fermoso mundo da creación de historias, sexan para consumo propio, para compartir con familia e amizades ou para alcanzar algún día a marabillosa experiencia de ver algo propio publicado.

 

DÍA 1 (04 de novembro 2015)

 

  • Reflexión sobre o acto de escribir. Por que queremos escribir?
  • Os detonantes creativos. A súa importancia.
  • A páxina en branco: como afrontala.
  • Que escribir: as ideas están aí fóra (e aquí dentro)

 

DÍA 2 (11 de novembro 2015)

 

  • Detonantes creativos. Crear o hábito da escrita
  • A alma da historia: o personaxe. Como darlle vida

 

DÍA 3 (18 de novembro 2015)

 

  • Máis detonantes: escribir como xogar
  • O deus da historia: o narrador. Tipos

 

DÍA 4 (25 de novembro 2015)

 

  • As roupas da historia: a atmosfera, o ritmo, o diálogo
  • O estilo: nace ou faise? Breve reflexión
  • Remate (ou non) da historia
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s