O CL Semanal comeza o libro de “Historia de una maestra” de Josefa Rodriguez Álvarez

Texto por Gabriel Gomez Estevez

Imagen1

A autora

Josefa Rodríguez Álvarez, coñecida como Josefina Aldecoa (La Robla, León, 1926 – Mazcuerras, Cantabria, 2011), foi unha escritora e pedagoga española, directora do Colegio Estilo. Estivo casada co escritor Ignacio Aldecoa, do que adoptou tras a súa morte o seu apelido para a súa carreira literaria.

De familia de mestres (a súa nai e a súa avoa eran mestras que participaban da ideoloxía da Institución Libre de Enseñanza), viviu en León, onde formou parte dun grupo literario que produciu a revista de poesía Espadaña. Trasládase a Madrid en 1944, onde estudou Filosofía e Letras e se doutorou en Pedagoxía. Durante os seus anos de estudo na facultade entrou en contacto con algúns membros dun grupo de escritores que logo ían formar parte da Xeración do 50. Traduciu para a Revista Española o primeiro relato publicado en España de Truman Capote.

En 1959 fundou en Madrid o Colegio Estilo, a que foi para ela a súa gran obra, inspirándose nas ideas vertidas na súa tese de pedagoxía, nos colexios que tiña visto en Inglaterra e nos Estados Unidos e nas ideas educativas do Krausismo, base ideolóxica da Institución Libre de Enseñanza.

Publicou en 1961 a colección de relatos A ninguna parte. En 1969 morreu o seu marido e durante dez anos abandonou a escritura dedicándose á docencia, até que en 1981 publicou unha edición crítica dunha selección de relatos de Ignacio Aldecoa.

Retomou a súa actividad literaria nos seguintes anos con novelas como Los niños de la guerra (1983), Porque éramos jóvenes (1986) ou El vergel (1988). En 1990 iniciou unha triloxía de contido autobiográfico coa novela Historia de una maestra (1990), Mujeres de negro (1994) e La fuerza del destino (1997), parcialmente en resposta ao discurso político durante os anos posteriores á ditadura acerca de como reconstruír o sistema educativo, ao que non consideraba o suficientemente laico. Continuaría publicando até os derradeiros anos da súa vida.

As súas novelas e libros de relatos publicados son os seguintes:


  • Los niños de la guerra (Anaya, 1999)
  • La enredadera (Anagrama, 1999)
  • Porque éramos jóvenes (Anagrama, 2000)
  • El vergel (Alfaguara, 2003)
  • Historia de una maestra (Alfaguara, Anagrama, Punto de Lectura)
  • Mujeres de negro (Anagrama, 2000)
  • La fuerza del destino (Anagrama, 2002)
  • Pinko y su perro (1998)
  • Fiebre (Anagrama, 2008)
  • El enigma (Alfaguara, Punto de Lectura)
  • La Casa Gris (Alfaguara, 2005)
  • Hermanas (Alfaguara, 2008)
  • Madrid, Otoño, Sábado (Alfaguara, 2012) -póstumo-

 

A obra. Historia de una maestra (1990)

En 1923 Gabriela recolle o seu título de mestra. É o comezo dun soño que a levará a traballar en varias escolas rurais en España e en Guinea Ecuatorial. Historia de una maestra é a narración, feita desde a memoria, da vida de Gabriela durante os anos vinte e até o comezo da guerra civil.
Co trasfondo da República, a revolución de Outubro e a guerra, esta novela rememora aquela época de pobreza, ignorancia e opresión, e mostra o importante papel do ensino e daqueles que loitaron por educar un país.
Contada desde a verdade da lembranza, con sentimentos que apenas nos atrevemos a recoñecer e desde unha progresiva toma de conciencia, a autora abre un camino á esperanza e ao idealismo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s