A lectura de decembro do CL mensual: La gran casa

La gran casa, de Nicole Krauss.antequera lee

Nº de páxinas: 352p.

Editorial: SALAMANDRA

ISBN: 9788498384796

 

Nicole Krauss elixida entre os mellores vinte escritores estadounidenses menores de corenta anos escribiu unha nova aproximación ao insondable tema do amor, a memoria e a perda, unha historia que levará ao lector ao longo dunha viaxe chea de paixón e melancolía, dende Nova York a Xerusalén, de Londres a Budapest, e dende os anos corenta ata os nosos días.

 

O insólito protagonista é un vello escritorio que puido ter pertencido a Federico García Lorca e que se volve un obxecto de fascinación ou repulsión para aqueles que conviven con el. O impoñente moble, cun dos seus 19 caixóns permanentemente pechado, tórnase así o fío condutor entre os distintos ámbitos onde se desenvolve a novela.

 

Levando o seu arte narrativo a un nivel insospeitado, Krauss reúne pacientemente os elementos en aparencia dispares dun relato fragmentado ata convertelo nunha fascinante metáfora da memoria e da herdanza, non só material senón sobre todo emocional.

 

 

Nicole Krauss:NICOLE KRAUSS

 

Nicole Krauss (Nova York, 1974) criouse en Long Island e, durante a adolescencia, viviu un ano en Xenebra. Graduada pola Universidade de Stanford, fixo os seus estudos de posgrado en Oxford e no Courtauld Institute of Art de Londres.

 

Krauss empezou dedicándose principalmente á poesía, animada por, entre outros, Joseph Brodsky. Foi finalista do Premio Poeta Novel de Yale e os seus poemas apareceron en publicacións como Paris Review, Ploughshares, e Doubletake.

 

A súa primeira novela, Llega un hombre y dice (2003), unha historia de ecos kafkianos sobre un home que perde a memoria despois dunha operación quirúrxica, recadou excelentes críticas.

 

La historia del amor (2005), a súa segunda novela, tamén mereceu o recoñecemento de críticos e escritores, entre eles o Premio Novel de Literatura J.M. Coetzee, e supuxo a confirmación do extraordinario talento de Krauss.

 

Colabora cas revistas The New Yorker, Esquire, Harper’s e Best American Short Stories.

 

 

 

 

Enlaces de interese:

 

 

 

  • Reportaxe no xornal “ABC” – Libros: Nicole Krauss – “En cada novela debes aprender a fracasar”

http://www.abc.es/20120930/cultura-libros/abci-nicole-krauss-gran-casa-201209282039.html

 

  • Artigo en “La Tercera”- Cultura: Nicole Krauss – “Estoy segura de que en La Gran Casa hay un tributo a Bolaño”

http://www.latercera.com/noticia/cultura/2012/12/1453-501014-9-nicole-krauss-estoy-segura-de-que-en-la-gran-casa-hay-un-tributo-a-bolano.shtml

 

  • Artigo no xornal “El Mundo”, magazinne “El Cultural”: Nicole Krauss – “Como escritora soy un arquitecto que construye casas desde dentro”

http://www.elcultural.com/noticias/letras/Nicole-Krauss-Como-escritora-soy-un-arquitecto-que-construye-casas-desde-dentro/3792

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s