O club de lectura semanal comeza a ler LAS HIJAS DE ZALMAN

texto por Gabriel Gómez

Las hijas de Zalman. Información da obra

Imagen1

A autora

 

Anouk Markovits medrou en Francia, no seo dunha familia xasídica satmer. Aos dezanove anos chegou aos Estados Unidos fuxindo dun matrimonio concertado.

 

Despois de estudar en Columbia, licenciouse en Arquitectura na Universidade de Harvard e obtivo un doutorado en Literatura Románica na de Cornell. Markovits escribiu a súa primeira novela, Pur Coton (Gallimard, 1989), en francés, a súa lingua materna.

 

Las hijas de Zalman, a súa primeira novela en inglés, foi enxalzada unanimemente pola crítica, e os seus dereitos de publicación xa se venderon a doce países.

 

Na actualidade vive en Nova York.

A obra. Las hijas de Zalmann (2013)

Mentres un terremoto político sacode Europa, o pequeno Josef Lichtenstein é testemuña do asasinato da súa familia a mans dun gardia de ferro romanés. Salvado pola criada, que o bautiza e o faie pasar polo seu fillo, cinco anos despois el mesmo salva a Mila, unha nena xudía que sufriu un trance similar.

 

Así, Mila consegue chegar até Zalman Stern, líder da comunidade xasídica satmer, en cuxa casa medrará. Mais unha vez instaladas en París e alcanzada a maioría de idade, o camiño das irmás bifúrcase, unha cuestionándose o incuestionable e outra absorbendo con convición os estritos preceptos relixiosos que lle inculcaron. Non obstante, anos máis tarde, a esta última, xa casada e vivindo en Nova York, esa mesma rixideza empurraraa a tomar unha decisión desesperada, que ameazará con destruír á súa familia e expulsala do único mundo que coñece.

 

 

 

 

Advertisements

One comment

  1. Ao principio costoume a súa lectura, necesitaba facer consultas para descifrar, entender o que estaba a ler…Coa chegada dos Zalman a París a lectura empezou a ser máis doada e interesante en canto ao coñecemento interior dos xasidims. Cando acabei o libro reafirmeime rotundamente sobre o que penso das relixións, que son moi perxudiciais para as persoas…Encantaríame compartir esta lectura coas miñas compañeiras do club, seguro que me levaría outras miradas sobre o libro ben interesantes!

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s