O Club de lectura semanal comeza ” A pel fria” de Albert Sánchez Piñol

texto por Gabriel Gómez

Imagen2

O autor

Albert Sánchez Piñol (Barcelona, 1965) é un antropólogo, africanista e escritor catalán. A maior parte da súa obra está escrita en lingua catalá. É membro do Centro de Estudos Africanos e ten colaborado na redacción de anuarios de enciclopedias interactivas.

Foi alumno do Collegi Claret de Barcelona. Posteriormente, despois de deixar os estudos de Dereito que comezara, licenciarase en antropoloxía na Universidade de Barcelona, especializándose en estudos sobre África. Viaxou ao Congo nos anos 90 para acabar a súa tese doutoral. Cando estoupe a guerra civil naquel país, terá que abandonalo. Será daquela cando escriba A pel fría, o libro que o vai lanzar á fama: 32 edicións en catalán (2012) e dereitos de tradución en 37 linguas. Obterá tamén o premio Ojo Crítico de RNE en 2003 e para o presente ano estrearase un filme baseado na novela, dirixida polo director francés Xavier Gens e rodada en Islandia.

En 2000, publica Pallassos i monstres, unha obra de divulgación que narra a historia de 8 ditadores africanos que gobernaron os seus países con man de ferro. Máis tarde, Sánchez Piñol aproveitaría os seus coñecementos de África e do Congo para escribir unha novela centrada na explotación do país polos europeos (Pandora al Congo).

Ten colaborado activamente nos diarios Ara e La Vanguardia.

A súa obra de ficción, traducida ao castelán, é a seguinte:

  • Compañía difícil, 2000, Literalia (coescrito con Marcelo Fois)
  • Las edades de oro, 2001, Proa
  • Pandora en el Congo, 2005, Suma de Letras y La Campana
  • Trece tristes trances, 2008, La Campana
  • Barcelona 1714 (2012, La Campana)
  • Vae Victus, 2015, La Campana

A obra. La piel fría, 2002

Fuxindo en parte do seu pasado como activista do IRA, o protagonista chega a unha diminuta illa perdida no océano onde a única edificación é unha cabana do meteorólogo e un faro. A súa primeira sorpresa consiste en comprobar que o único habitante da illa non sae a recibilo, pero logo isto convértese nun detalle sen importancia cando descobre que o faro é periodicamente atacado por seres procedentes do mar cuxos obxectivos ninguén coñece. Non tarda en unir esforzos co defensor do faro, Batis Caffó, pero co paso dos días, e sometido á extrema tensión dos ataques nocturnos, comeza a reformular a súa actitude cara aos supostos monstros mariños.

Mediante unha extremecedora e emocionante novela na que a aventura e a acción ocupan un lugar central, o autor formula dun modo intelixente a percepción do ser humano cara ao individuo distinto, cuestiona a actitude que hai que adoptar frente ao estraño e aboga implicitamente polo diálogo entre os diferentes.

Advertisements

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s