Ao pe do magnolio de Marina Mayoral é o novo libro que comeza o Club de Lectura Semanal

texto por Gabriel Gomez Estevez

magnolio

Ao pé do magnolio. Información da obra

A autora

Marina Mayoral Díaz (Mondoñedo, 1942) é unha escritora e articulista en galego e castelán.

Estudou os dous primeiros anos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, trasladándose a Madrid e licenciándose en Filoloxía Románica. Doutórase cunha tese baseada na poesía de Rosalía de Castro. Máis tarde diplómase en psicoloxía. Actualmente é catedrática xubilada de Literatura Española da Universidad Complutense.

Ademais do seu labor docente, traballou como codirectora da colección “Biblioteca de Escritoras” de Editorial Castalia e dirixiu a colección “Relatos” da editorial Edhasa e a colección “Club de Clásicos” de Ediciones SM. Colabora semanalmente en La Voz de Galicia.

Como narradora a súa visión do mundo caracterízase por unha especial concepción do amor e da morte como forzas condicionantes do destino humano. As notas formais máis destacadas son a finura das análises psicolóxicas, o humor, a naturalidade da prosa, o xogo de perspectivas, e as estruturas metaliterarias. A acción de case todas as súas novelas desenvolvese nun lugar imaxinario, situado en Galiza, chamado Brétema.

En 1979 gañou o Premio de Ámbito Literario por Cándida otra vez, e en 1980 o Premio Novelas y Cuentos por Al otro lado. Ao ano seguinte outórgaselle o Premio Gabriel Sijé de Novela Corta por Plantar un árbol. Gañou tamén o Premio Losada Diéguez por Chamábase Luís en 1989.

 

Varias das súas novelas foron traducidas a varias linguas, tales como o alemán, o catalán ou o chinés. Os seus contos encóntranse nas mellores antoloxías en lingua española e tamén en antoloxías de lingua inglesa e alemá.

Como investigadora destacan os seus estudos sobre literatura femenina (Rosalía de Castro, Pardo Bazán…) e as súas análises do proceso de creación literaria. Algúns dos seus títulos, en galego e en castelán, son os seguintes:

  • Chamábase Luís (Ed. Xerais, 1989)
  • Case perfecto (Ed. Xerais, 2007)
  • O anxo de Eva (Xerais, 2013)
  • Recóndita armonía (Alfaguara, 1994)
  • Recuerda, cuerpo (Alfaguara, 1998)
  • La sombra del ángel (Alfaguara, 2000)
  • Querida amiga (Alfaguara, 2001)

A obra. Ao pé do magnolio (2004)

Esta libro conta a historia de Paco, que reflexiona sobre a súa relación frustrada con Laura e sobre a súa propia vida. Trátase dunha historia de amor contada desde o outro lado, tamén dunha reflexión sobre o que foi e sobre o que puido ser, sobre a aceptación da renuncia ao gran amor. Os éxitos, os fracasos, as decisións que marcan un camiño sen retorno son o tema que Marina Mayoral explora nesta novela, amosando unha grande habilidade para manter en todo momento o interese e a tensión da historia. A narración é unha procura nesas fonduras da alma onde as ilusións non realizadas agardan a ocasión de xurdir de novo á vida. Esta novela dá voz ao personaxe masculino do seu emocionante libro Unha árbore, un adeus.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s