Ojos azules de Toni Morrison, o segundo libro do Club de Lectura Semanal

texto por Gabriel Gomez Estevez

Ojos azules. Información da obra

A autora 

Toni Morrison (Ohio, 1931), escritora, editora e profesora estadounidense, naceu no seo dunha familia de raza negra moi pobre. Apesar das dificultades financeiras da familia, que sofría as consecuencias da Gran Depresión, Morrison era unha lectora ávida. Algúns dos seus autores favoritos eran Austen e Tolstoi.

En 1949 comezou os seus estudos na Universidade de Howard (Washington DC), onde se graduou en Inglés en 1953. Completou os seus estudos na Universidade Cornell, onde presentou unha tese sobre o suicidio nos trabalhos de Faulkner e Virginia Woolf. Entre 1955 e 1957, ensinou inglés na Universidade do Sur de Texas en Houston. Despois, retornou á Universidade Howard, onde ocupou un cargo de profesora. En 1958 casou co arquitecto xamaicano Harold Morrison, que tamén daba aulas na mesma universidade. O matrimonio tivo dous filhos e divorciouse en 1964.

Tras a separación, Toni Morrison mudouse para Siracusa, no estado americano de Nova York, onde se tornou editora. Un ano e medio despois, foi contratada pola Random House.

Paralelamente á carreira de editora, Morrison deu aulas de inglés na Universidade Estatal de Nova York e no campus de Brunswick da Universidade Rutgers. En 1984, foi nomeada cun cargo honorario na Universidade de Albany. Tamén foi profesora en Yale e na Bard College. De 1989 até a súa xubilación en 2006, a autora ocupou a cadeira Robert F. Goheen en Humanidades na Universidade de Princeton.

En xuño de 2005 foi agraciada cun diploma honorário de Doutora en Letras pola Universidade de Oxford. En 2011, a Universidade Rutgers tamén ofreceu á autora o título honorario de Doutora en Letras. En marzo de 2012, estableceu a súa residencia no Oberlin College.

Toni Morrison comezou a se dedicar á ficción na época en que facía parte dun grupo de poetas e escritores que se encontraban na Universidade Howard para departir sobre literatura. Nun dos encontros, a autora presentou un conto sobre unha rapaza negra que soñava con ter ollos azuis. O conto serviu de base para a súa primeira novela, The bluest eye (“O ollo máis azul”), publicado en 1970. O libro foi escrito mentres Morrison daba aulas na universidade e criaba os dous fillos pequenos.

O seu segundo libro Sula publícase en 1973 e en 1977 Song of Salomon (“A canción de Salomón”), un relato sobre a reunion do materialismo e o poder do amor que se converteu rapidamente nun éxito popular e que lle valeu o Premio da Crítica (National Book Critics Award) dese ano.

En 1981 saíu á luz Tar Baby, e seis anos despois, en 1987 aparece Beloved, un libro que relata a historia dunha escrava que encontra a liberdade, pero que mata á súa filla en idade infantil para salvala da escravitude. Este libro supuxo a súa consagración definitiva e valeulle a obtención do Premio Pulitzer. A continuación apareceron Jazz (1992) e Playing in the dark (“Xogando na escuridade”), que foron grandes éxitos de vendas.

En 1993, aínda que as súas obras completas non comprendían máis que seis títulos, estes bastáronlle para que lle fose outorgado o Premio Nobel de Literatura e así converterse na primeira muller negra en recibir esta distinción.

A súa obra, só traducida ao castelán, é a seguinte:

  • Sula (Ed. Debolsillo)
  • Amor (Ed. Debolsillo)
  • Una bendición (Ed. Debolsillo)
  • La isla de los caballeros (Ed. Debolsillo)
  • Paraíso (Ed. Debolsillo)
  • Beloved (Ed. Debolsillo)
  • La canción de Salomón (Ed. Debolsillo)
  • Jazz (Ed. B)
  • Volver (Ed. Debolsillo)
  • Una bendición (Ed. Debolsillo)
  • La noche de los niños (Lumen, proximamente)

ojos-azules-web

A obra. Ojos azules (1970)

Pecola é unha rapaciña que vive cos seus pais e ten unha curmá que se chama Claudia. Gústanlle as bonecas e as caléndulas, que non lle gustan a ninguén excepto a ela.

Pecola é negra e cre que é fea porque non se parece a Shirley Temple. E ten un truco para desaparecer cando os seus pais se pelexan ou o seu pai a molesta polas noites: pensa en que ten uns preciosos ollos azuis e que todo o mundo admira a súa beleza e que as outras nenas a envexan. Pero ese soño nunca se converterá en realidade e Pecola seguirá atrapada na triste vida que lle tocou en suerte.

Nesta novela pártese da realidade dunha rapaciña desgraciada para tratar temas moi diversos, como o concepto de beleza imposto, a voz feminina ou a infancia truncada, e conségueo cunha historia dura e deliciosa ao mesmo tempo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s