El proyecto esposa, novo libro no Club de Lectura semanal

Texto por Gabriel Gomez

O autor

Graeme Simsion (Auckland, Nova Zelandia, 1956) é escritor, dramaturgo e informático.

Foi consultor de sistemas informáticos e ten escritos dous libros e numerosos artigos sobre a modelaxe de datos, campo no que en 2006 obtivo o doutorado na Universidade de Melbourne. En 1982 fundou unha empresa de consultoría que vendería en 1999. Tamén cofundou un negocio de distribución de viños.

Despois de vender a empresa decidiu dedicarse a escribir a tempo completo. Desde entón ten publicado narracións breves, obras de teatro e ten producido algunhas curtametraxes a partir de guións cinematográficos propios. De feito, a novela coa que se deu a coñecer, The Rosie project (“O proxecto Rosie”), foi concibida orixinalmente como un guión cinematográfico -co que conseguiu o AWG/ Inception Award ao Mellor Guión de Comedia Romántica-. Esta primeira novela converteuse nun fenómeno de vendas en Australia e incluso antes de ser publicada xa lle outorgaran o Victoriam Premier´s Unpublished Manuscript Award -prestixioso premio dado polo estado australiano de Victoria). Máis tarde, o fenómeno adquiriu dimensión global: a novela traduciuse a trinta idiomas e superou o millón de exemplares vendidos en todo o mundo.

Simsion na actualidade reside en Melbourne.

En castelán temos tamén publicado, por Salamandra, El efecto matrimonio (2015)

 

A obra. El proyecto esposa (2012)

Don Tillman, profesor de Xenética na universidade, un home atrapado nunha visión da realidade extremadamente ríxida, nunca ten tido unha segunda cita cunha muller. Non obstante, coñecedor dos estudos que demostran que os homes que viven en parella son máis felices que os solteiros, embárcase de cheo no que bautiza O Proxecto Esposa, cuxo primeiro paso consiste en redactar un cuestionario de dezaseis páxinas para encontrar a parella perfecta: unha muller puntual, que non fume nin beba e se adapte á súa regulamentada existencia.

E entón coñece a Rosie Jarman, que é unha muller guapa, capaz e loitadora, pero traballa nun bar, fuma, bebe, e chega sempre tarde: totalmente descartada para o Proxecto Esposa!

Ela ten un proxecto propio, encontrar ao seu pai biolóxico, e o excéntrico profesor encontrarase inventando excusas a diario e saltándose as súas estritas regras con tal de vela e axudala pondo os seus coñecementos de xenética ao servizo da súa causa.

Don e Rosie lánzanse así a unha intrépida, divertidísima aventura que demostra que o amor non se busca senón que acode a nós cando menos o esperamos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s