En marzo o Club de lectura mensual está a ler Resistencia de Rosa Aneiros

texto por Patricia Nuñez

MARZO 2017:  RESISTENCIA, de ROSA ANEIROS.Resistencia-Aneiros_Rosa

Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato que protagonizan Dinís e Filipa, artéllase un percorrido centrado na represión exercida en Portugal durante as ditaduras de Salazar e Marcelo Caetano e na actividade da resistencia clandestina antifascista; un pano de fondo fundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor, entre as que salientan a de Dinís –un obreiro da fábrica de vidro Irmáns Stephen, e Filipa , filla dun rico comerciante de Coimbra. Para os protagonistas a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia.

 

SOBRE A AUTORA:

Rosa Aneiros Díaz, nada en Meirás (Valdoviño) en 1976.Aneiros-Rosa

Licenciada en Ciencias da Comunicación pola USC, desenvolveu actividade docente na Escola de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo e colaborou no programa da Radio Galega Un día por diante, así como en Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe,  Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País, Grial, Fadamorgana ou Casa da Gramática.

É a guionista da curtametraxe O señor do telexornal realizado por Álex Sampaio, aínda que a súa actividade literaria está centrada no relato e, sobre todo, na novela. Con Resistencia recibiu o premio Arcebispo Xoán de San Clemente á mellor novela en lingua galega do ano 2002. En 2009 gañou o premio Xerais á mellor novela con Sol de inverno así como o premio Fundación Caixa Galicia ao mellor título de literatura xuvenil, con Ás de bolboreta, que así mesmo foi incluído na prestixiosa lista The White Ravens 2010. Obtivo tamén o Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia á mellor obra infantil e xuvenil do 2013, pola triloxía Ámote Leo A.

Actualmente traballa no Consello da Cultura Galega.

 

Obra:

Narrativa

  • Eu de maior quero ser, 1999, Sotelo Blanco.
  • Son Galega, 2001, Laiovento.
  • Corazóns amolecidos en salitre, 2002, Laiovento.
  • Resistencia, 2002, Xerais.
  • Veu visitarme o mar, 2004, Xerais.
  • Sol de inverno, 2009, Xerais.
  • Ás de bolboreta, 2009, Xerais.

Artigos xornalísticos

  • Ao pé do abismo, 2007, Xerais.

Literatura infanto-xuvenil

  • O xardín da media lúa, 2004, Galaxia.
  • Os ourizos cachos e o gran río gris, 2008, Galaxia.
  • Ámote Leo A. Destino Xalundes, 2013, Xerais.
  • Ámote Leo A. Estación de tránsito, 2014, Xerais.
  • Ámote Leo A. Terminal de…chegadas?, 2014, Xerais.

 

Máis información sobre a súa obra e os premios recibidos: https://gl.wikipedia.org/wiki/Rosa_Aneiros

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s