No Club de Lectura Semanal están a ler… O vermello e o negro de Henri-Marie Beyle

O vermello e o negro. Información da obra

O autoríndice

Henri-Marie Beyle, mais coñecido como Stendhal (Grenoble, 1783 – París, 1842) foi un escritor francés.

Nado nunha familia burguesa, o seu pai Chérubin Beyle, era avogado na Audiencia Provincial. Quedou orfo de nai cando contaba só con sete anos. O seu pai, encargouse xunto coa súa tía da súa educación.

Abertamente republicano, acolleu con entusiasmo a execución do rei e celebrou inclusive a breve detención do seu pai, encarcerado en 1794 durante o Terror pola súa defensa da monarquía. A partir de 1796 foi alumno da Escola central de Grenoble e en 1799 conseguiu o primeiro premio de matemáticas. Viaxou a París para ingresar na Escola Politécnica, mais enfermou e non puido presentarse á proba de aceso. Grazas a Pierre Daru, un primo seu que se convirtiría no seu protector, comezou a traballar no ministerio de Guerra.

Enviado polo exército en 1800 descubriu Italia, país que tomou como a súa segunda patria. Desenganado da vida militar, abandonou o exército o ano seguinte. Entre os salóns e teatros parisinos, sempre namorado dunha muller diferente, comezou (sen éxito) a cultivar ambicións literarias.

En precaria situación económica, Daru conseguiulle un novo posto como intendente militar. Admirador incondicional de Napoleón, exerceu diversos cargos oficiais en Alemaña, Austria e Rusia, pero sen participar nas batallas do exército napoleónico. En 1814, tras a caída do corso, exiliouse en Italia, fixou a súa residencia en Milán e efectuou varias viaxes pola península italiana. Viaxou a Roma, Nápoles, Grenoble, París, e por primeira vez a Londres. En 1821 realizou unha segunda viaxe a Inglaterra para recuperarse duns reveses amorosos, e fixo unha terceira en 1826, polos mesmos motivos. Os anos seguintes dedicounos practicamente todos a unha vagabundaxe por Europa.

Publicou os seus primeiros libros de crítica de arte baixo pseudónimos (entre eles o de Stendhal). O goberno austríaco acusouno de apoiar o movemento independentista italiano, polo que abandonou Milán en 1821 e instalouse de novo en Paris, cando terminou a persecución dos aliados de Napoleón.

Dandy afamado, frecuentaba os salóns de maneira asidua, sobrevivindo grazas aos rendementos obtidos coas súas colaboracións nalgunhas revistas literarias inglesas.

Estableceu o seu renome como escritor grazas á Vida de Rossini e ás dúas partes de seu Racine e Shakespeare, auténtico manifesto do romanticismo. En 1828, sen diñeiro nin éxito literario, solicitou un posto na Biblioteca Real, que non lle foi concedido; cunha pésima situación económica, a morte do conde de Daru, no ano seguinte, afectouno particularmente. Superou este período difícil grazas aos cargos de cónsul que obtivo primeiro en Trieste e máis tarde en Civitavecchia, mentres se entregaba sen reservas á literatura.

En 1830 aparece a súa obra-prima: O vermello e o negro. En 1839 publicou A cartuxa de Parma, moito máis novelesca que a súa obra anterior, que escribiu en apenas dous meses e que pola súa espontaneidade constitúe unha confesión poética extraordinariamente sincera, aínda que só tivera recibido o eloxio de Balzac.

Declarou, certa vez, que non consideraba morrer na rúa algo indigno e, curiosamente, faleceu dun ataque de apoplexía, na rúa, sen concluír a súa derradeira obra, Lamiel, que foi publicada moito despois da súa morte.

O recoñecemento da obra de Stendhal, como el mesmo preveu, só foi real medio século despois da súa morte.

 

A obra. O vermello e o negro (1830)200px-Stendhal_Le-Rouge

Nun aserradoiro perdido nos bosques do Franco Condado, un mozo seminarista desprezado pola súa ruda familia, cheo de soños e ambicións, le un libro. Pouco sospeita que a súa vida está a punto de dar un xiro decisivo e que a súa entrada como preceptor na casa de monsieur de Renal será o comezo da súa apertura ao amor, á vida e, finalmente, ao crime.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s