En Abril o Club de lectura mensual está a ler Brooklyn Follies de Paul Auster

texto por Patricia Nuñez

CLUB DE LECTURA MENSUAL DO CSCX O ENSANCHE – ABRIL 2017:  BROOKLYN FOLLIES, de PAUL AUSTER.

Algúns dos grandes mitos da cultura norteamericana, entre eles a liberdade de escoller o propio destino e a capacidade para xurdir logo do fracaso, constitúen o pano de fondo desta novela na que Auster artella a narración arredor dun mangado de personaxes trazados dun xeito extraordinariamente vívido e veraz.

Brooklyn Follies é unha novela chea de sorpresas, na que a carón da cidade de Nova York aparecen os Estados Unidos do fanatismo relixioso e o mundo idílico da sociedade rural como dúas caras da mesma moeda.

Coma no resto da súa obra, Auster xoga coas referencias literarias e co valor da literatura para redimir ás persoas. Natham  Glass, o protagonista, non só atopa en Brooklyn un refuxio, alí volve a atopar o que daba por perdido: a emoción da amizade, a emoción do amor e a capacidade de reinventarse a si mesmo.

SOBRE O AUTOR:

Paul Benjamin Auster naceu en Newark, estado de New Jersey (Estados Unidos), o 3 de febreiro de 1947, fillo de Queenie e Samuel Auster, parella que posuía diversos edificios na área de Jersey. Dende moi novo foi un ávido lector, sendo os seus escritores favoritos Fedor Dostoievski, Edgar Allan Poe, Miguel de Cervantes, Franz Kafka, Samuel Beckett ou Willian Shakespeare.

Despois de estudar no instituto Marplewood Paul viaxou por diferentes países europeos e, posteriormente estudou lingua e literatura inglesa na Universidade de Columbia, centro no que se graduou en 1970.

En Francia exerceu como tradutor de autores franceses ata a súa volta aos EE UU no 1974, ano no que se asenta en Nova York e comeza a traballar como xornalista. A principios dos 80, tras un período no que escribiu ensaio e poesía, Auster debuta como novelista con “Xogada de presión” (1982) publicado baixo o pseudónimo de Paul Benjamin, e ese mesmo ano aparece “A invención da soidade” novela xa firmado por Auster de corte autobiográfico. Pero o autor, destacaría internacionalmente ao publicar “A Triloxía de Nova York”, título que engloba tres novelas de intriga “A Cidade de Cristal” (1985), “Pantasma” (1986) e “A habitación pechada” (1986).

Auster enlazou as súas seguintes obras incluíndo nelas episodios da súa propia vida, aínda que sen intención autobiográfica.  En 2006 recibíu o premio Príncipe de Asturias das Letras.

Máis información sobre a súa vida e obra en:

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s