ENTENDENDO A CIDADE abril a xuño 2017

ENTENDENDO A CIDADE: Memoria e Historia e Roteiros Comentados 

Entendendo a cidade: Memoria e Historia

Mércores do 26 de abril ao 28 de xuño 17.00 a 19.00h

Entendendo a cidade memoria e Historia” é un espazo cidadán participativo para traballar ca Historia de Galicia e Compostela, pero tamén para por en común cos teus veciños a túa memoria da cidade.

Se gustas de ler documentos antigos, se che apaixona a Historia da Arte, se crees que Compostela é algo máis que una cidade turística… bule e anótate neste programa!

A través de reunións semanais percorreremos a Historia de Galicia. Poremos o noso punto de partida na Prehistoria Galega e chegaremos ata a  actualidade, pasando por temas que de seguro che serán  interesantes: O megalitismo, a cultura castrexa, O Reino Suevo, A Era Compostelá, as Revoltas Irmandiñas, o impacto da Piratería en Galicia e moitos temas  máis.

Do 26 de Abril ao 28 de Xuño todos os mércores de 17 a 19h no CSC do Ensanche realizaremos un pequeno seminario sobre unha parte da  nosa Historia e da nosa cultura.

PLANNING CHARLAS ABRIL A XUÑO 2017

ABRIL
26 abril As culturas prehistóricas: Megalitismo, Petroglifos e Cultura Castrexa.
MAIO  
3 maio Santiago Mansión Romana: Conquista e Romanización de Galicia.
10 maio Comezou a romperse o imperio Romano por Galicia?

O Reino Suevo: Da destrución do Imperio Romano a Creación dos Reinos Cristiás.

24 maio O Apóstolo Santiago: Dos inicios do culto a Era Compostelá.
31 maio A Compostela de Xelmirez.
XUÑO  
7 xuño Compostela milenaria: percorrido pola historia do arte en Compostela.
14 xuño A Revolta Irmandiña.
21 xuño Piratas nas costas Galegas.
28 xuño Galicia Industria: A chegada dos industriais cataláns a Galicia.

Entendendo a cidade: roteiros comentados

A Rocha forte: A guarida do Arcebispo. 22 maio 17.00 a 19.00h

Non se pode entender a Historia desta cidade sen entender o papel que desempeñou a Sede Apostólica como centro de relixioso e de poder. Cal foi a relación dos distintos Bispos e Arcebispos cos cidadáns de Compostela? Por qué o arcebispo constrúe unha das maiores fortalezas da península xusto as aforas da cidade, e non xunto a catedral? Cal foi a súa importancia para as Terras de Santiago? Quen destruíu o Castelo da Rocha?

Todas estas preguntas e moitas mais serán respostadas neste roteiro que xira entorno a unha emblemática, pero  gran descoñecida, fortaleza: O Castelo da Rocha Forte: A guarida do arcebispo.

Compostela: Laboratorio de Historia do Arte. 1 de xuño 17.00 a 19.00h

Compostela, Antiga capital do Reino de Galicia. Cidade entorno a cal se construíu Europa na Idade Media. Compostela, centro de peregrinacións xunto con Roma e Xerusalén para o Cristianismo global. A nosa cidade sempre estivo á vangarda do Arte Europeo. Non podemos entender Compostela sen o Mestre Esteban, o Mestre Mateo, Simón Rodríguez ou Domingo de Andrade.

Neste percorrido pola cidade repasaremos todos os estilos artísticos que afloraron en Europa desde os inicios da Idade Media ata século XX e como estes  se concentran na cidade desde o seu orixe como tumba apostólica ata o século ata que se converteu en capital de Galicia.

Ruta polos paisaxes urbanos de Compostela 19 xuño 17.00 a 19.00h

Dende hai xa varios anos a paisaxe estase a converter nun elemento moi importante para entender o territorio. A paisaxe é identidade; a paisaxe é sentimento; a paisaxe é benestar. Descubre a pegada dos nosos devanceiros admirando as paisaxes de Compostela nunha ruta que une natureza, historia, arte, Cultura popular e territorio.

Entende cal é a relación dos compostelás ca súa cidade. Vive Compostela dunha maneira saudable, camiñando e falando. Disfruta da paisaxe e da natureza que rodea a unha urbe milenaria.

https://www.facebook.com/pg/SantiagoSocioCultural/videos/?ref=page_internal

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s