O club de lectura semanal está a ler ” De remate”

texto por Gabriel Gomez

De remate. Información da obra

O autor

Héctor Cajaraville Araújo (Santiago de Compostela, 1974) é un escritor galego.

Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa en diferentes entidades e institucións como a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo e o Concello de Santiago, así como redactor nos diarios galegos La Voz de Galicia e De Luns a Venres.

Entre 2009 e 2011 cursou os másters en Lingüística Galega e Edición da Universidade de Santiago de Compostela e reorientou a súa actividade cara ao ámbito editorial.

En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, De remate, e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con Quen dá a quenda?. Nese mesmo ano a súa obra A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña, e en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con Once portas e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con Denébola a Roxa.

 

É o autor da tradución ao galego da novela O gardián invisible, de Dolores Redondo. Ademais, participou na redacción do Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía do mundo do mar, recursos ludolingüísticos na prensa ou análise da linguaxe xornalística.

 

Desde 2011 dedícase á corrección de orixinais para diferentes selos editoriais galegos.

 

 

A obra. De remate (2015)

Novela singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais…

 

A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico de Galicia, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, ironía e estoicismo.

 

Coa lectura dos seus textos imos descubrindo un Bieito Sanmarful que se mostra, nos últimos anos de súa vida, como unha persoa fráxil e dependente, autoesixente, que nos achega a súa visión nada dogmática sobre o mundo e as persoas que o rodean, a través dunha reflexión permanente sobre si mesmo. Estamos ante un relato de estrutura poliédrica no que se artella un calidoscopio literario do país e dos seus habitantes valéndose dunha amálgama de estilos metaliterarios cos que o propio autor comparte protagonismos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s