O Club de lectura semanal está a ler Neve de Ferit Orhan Pamuk

texto por Gabriel Gomez Estevez

O autor

Ferit Orhan Pamuk (Estambul, Turquía, 1952) é un escritor turco contemporáneo, moi coñecido internacionalmente e gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 2006). Nas súas narracións constrúe pontes entre a novela europea moderna e a tradición mística oriental. O seu traballo foi traducido ata agora a 35 linguas e publicado en máis de 100 países.

A súa implicación política na defensa dos dereitos humanos, crítica coas posturas do goberno turco, pero tamén coas posturas europeas contrarias a admisión de Turquía na Unión Europea sitúano nunha posición intermedia incómoda.

Procedente dunha familia acomodada (o pai era enxeñeiro), estudou no Robert College, colexio americano en Estambul. Por consello da familia (os pais querían que fora enxeñeiro) entrou na Univerisade Técnica de Estambul, que deixou tres anos despois para dedicarse profesionalmente a escribir. En 1977 acabou os estudos no instituto de xornalismo da universidade de Estambul. En 1982, Pamuk casou con Aylin Turegen, historiadora. De 1985 a 1988, mentres a súa esposa estudaba na Universidade de Columbia, Pamuk traballou como profesor convidado, adquirindo o dereito de visitar a institución, utilizando este tempo para realizar pescudas e escreber a súa novela O Libro Negro. Regresou a Turquía, onde terá unha filla. En 2001 divorciaríase.

Tras a publicación da súa terceira novela, o nome de Pamuk comeza a ter repercusión fóra de Turquía.

En 1995, publica a novela Vida Nova, que en seguida se tornaría un dos libros máis lidos de sempre en Turquía.

A consagración definitiva dos críticos literários viría en 1998, con O meu nome é Vermelho. Esta obra valeulle o prestixioso International IMPAC Dublin Literary Award de 2003, aparte doutros premios. Mais o que o catapultou definitivamente para a fama mundial entre o grande público foi o feito de ter sido galardoado, en 2006, co Nobel de Literatura.

Pamuk é unha figura destacada en Turquía na defensa dos dereitos políticos dos curdos, tendo sido procesado en 1995 xuntamente con outros escritores por publicaren unha serie de ensaios moi críticos en relación ao tratamento dado aos curdos por Turquía. En 2005, as súas opinións sobre puntos escuros da historia turca, como as matanzas de armenios a comezos do século XX, nunha entrevista, fixéronlle ser inculpado por “insulto aos turcos”. O caso foi levado á xustiza turca, e Pamuk tivo mesmo que declarar perante o tribunal. Este caso suscitou gran polémica internacional e o novelista tornouse coñecido un pouco por todo o mundo.

Tras o asasinato do xornalista turco-armenio Hrant Dink, ocorrido en 2007, e as ameazas de morte que recibiu, Pamuk abandonou novamente a súa patria. Algúns medios turcos acusárono de utilizar este asasinato como un pretexto para ir aos Estados Unidos a gañar diñero dando conferencias. Pamuk regresou ese mesmo ano para escribir a súa seguinte novela.

O 28 de abril de 2012 abre as súas portas en Estambul o Museo da Inocencia baseado na súa novela homónima.

 

A obra. Neve (2001)

A novela narra a historia de Ka, un poeta que regresa a Turquía despois de doce anos de exilio político en Alemaña.

Un amigo seu que traballa nun xornal de Estambul suxírelle que viaxe á cidade de Kars para investigar o suicidio de varias rapazas por mor da prohibición do veo.

Debido a isto Kars, que se encontra preto das fronteiras con Armenia e Xeorxia, é un lugar cheo de tensión política e un centro de controversia entre os musulmáns locais xa que o suicidio está prohibido no Islam.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s