Primeira lectura do Club de lectura semanal: La impaciencia del corazón de Setfan Zweig

texto por Gabriel Gómez Estevez

La impaciencia del corazón. Información da obra

O autor1 _95151959_mediaitem95151958

Stefan Zweig (Viena, 1881 – Petrópolis, 1942), foi un escritor, biógrafo e activista social austríaco.

Foi moi popular nas décadas de 1920 e 1930, e as súas obras foron das primeiras en protestar contra a intervención de Alemaña na Segunda Guerra Mundial. Escribiu principalmente novelas, relatos e biografías, cultivando tamén o teatro, o xornalismo e o ensaio.

Stefan Zweig foi fillo dunha familia xudía acomodada: o seu pai, Moritz Zweig, foi un adiñeirado fabricante téxtil, e a súa nai, Ida Brettauer Zweig, era filla dunha familia de banqueiros italianos. Estudou na Universidade de Viena, doutorándose en Filosofía. Tamén realizou cursos sobre a historia da literatura, que lle permitiron contactar coa vangarda cultural vienesa da época, publicando neste ambiente os seus primeiros poemas.

En 1910 visitou a India e en 1912 Norteamérica, establecéndose un ano máis tarde en Salzburgo, onde viviu case vinte anos. Durante a Primeira Guerra Mundial serviu no exército austríaco como empregado da Oficina de Guerra ao ser declarado non apto para o combate. Nesa época escribiu Jeremias, obra de carácter antibelicista e que publicou en Suíza logo de se exiliar en Zúric. Alí traballou como correspondente para a prensa libre vienesa e para periódicos húngaros.

Despois do armisticio de 1918 volveu a Salzburgo, onde en dous anos máis tarde casou con  F. María Burger von Winternitz, unha admiradora da súa obra a quen coñecera oito anos antes. Divorciáronse en 1938.

Tras o auxe da influencia nacionalsocialista en Austria, Zweig trasladouse un tempo a Londres. Ao tempo, comezaron as súas dificultades para publicar en Alemaña até que, finalmente, en 1936 os seus libros foron prohibidos en Alemaña polo réxime.

En 1934 iniciou viaxes por Suramérica. Tras o inicio da Segunda Guerra Mundial trasladouse a París, e ao pouco viaxou a Inglaterra, onde obtivo a cidadanía. Máis tarde viaxaría polos USA, A República Dominicana, Arxentina, Paraguai a dar unha serie de conferencias.

Recalaría finalmente no Brasil, instalándose en 1940 en Petrópolis, na conurbación do Río.

En febreiro de 1942, logo da caída de Singapur, suicidouse canda a súa esposa, desesperados ante o futuro de Europa e a súa cultura pensando que o nazismo se estendería a todo o planeta.

A súa autobiografía Die Welt von Gestern (`O mundo de onte´), publicada de forma póstuma en 1944, é un panexírico da cultura europea, que consideraba para sempre perdida.

 

A obra. La impaciencia del corazón (1939)1 9788496489424

Nos comezos da Gran Guerra, o tenente Anton Hofmiller recibe unha invitación para acodir ao castelo do magnate húngaro Lajos von Kekesfalva, cuxa filla, que sofre parálise crónica, se namora do oficial.

 

Hofmiller, que só sente compaixón pola moza Edith, decidirá ocultar os seus verdadeiros sentimentos e faralle ter esperanzas nunha pronta recuperación. Chega incluso a prometerse con ela, mais non recoñece o seu noivado en público. Como un criminal na escuridade, Hofmiller refuxiarase na guerra, de onde regresará como un auténtico heroe.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s