Los Pazos de Ulloa, lectura do mes de outubro no CL mensual

Texto por Patricia Nuñez

Club de Lectura Mensual do CSCX O Ensanche

 Outubro 2017

LOS PAZOS DE ULLOA1 Los_pazos_de_Ulloa

Nos Pazos de Ulloa, recóndito e salvaxe paraxe de Galicia, en 1880 a vida está marcada pola relixión, a bruxería, a política e as paixóns. A chegada de Xulián a Ulloa, un sacerdote delicado e sensible, terá imprevistas consecuencias. O Marqués de Ulloa, rudo e pasional, vese obrigado a contraer matrimonio con Nucha, unha rapaza de cidade, para quen o ambiente dos pazos é unha pesadiña. Sabel, a criada de gran beleza, e que tivo un fillo bastardo do Marqués, é a figura oposta a Nucha.

 

A montaña galega, o caciquismo e a decadente nobreza rural son analizados pola condesa Emilia Pardo Bazán. O progreso urbano, representado por Xulián o novo sacerdote, e a barbarie rural, encarnada en Primitivo, contrapóñense nun mundo dominado por unha natureza violenta, inmoral e sensual, cuxa posibilidade de transformación será posta en cuestión.

 

 

A AUTORA:1 pardo_bazan

Dona Emilia Pardo Bazán nace na Coruña no seo dunha familia acomodada. Filla única de don José Pardo Bazán e dona Amalia de la Rúa recibe unha ampla educación de carácter liberal no colexio francés de Madrid e con instrutores privados na Coruña. Os seus pais estimulan a súa curiosidade e potencian a súa paixón pola lectura e a escritura, tarefas que ocupan a maior parte do seu tempo.
Moitos son os adxectivos aplicables a esta muller anticipada ao seu tempo que tiña a capacidade de non pasar inadvertida: escritora e xornalista prolífica, viaxeira infatigable, cosmopolita, políglota, feminista… Criticada por uns e admirada por outros, dona Emilia é pioneira en case todo: aos nove anos compón os seus primeiros versos e aos quince publica o primeiro dos seus numerosísimos contos (máis de cincocentos), “Un matrimonio del siglo XIX”.

En 1868, con 16 anos, casa con José Quiroga. No ano 1873 viaxa a Europa, o que esperta en dona Emilia o interese polos idiomas que aprende inglés e alemán de forma autodidacta . En 1876 nace o seu primeiro fillo, Jaime, ao que dedicará o seu único libro de poemas, e dáse a coñecer como escritora ao gañar o concurso convocado en Ourense para celebrar o centenario de Feijoo. A súa filla Blanca nace xunto coa súa primeira novela: Pascual López. Autobiografía de un estudiante de medicina.

No ano 1880, dona Emilia acepta a dirección da Revista de Galicia. A súa última filla, Carmen, nace un ano despois. Coa publicación duns comprometidos artigos incluídos en La cuestión palpitante, e tras a súa separación matrimonial, dona Emilia sofre duras críticas ás que responde de maneira dura e audaz….

Traballadora incansable, publica sen parar e consegue emprender unha nova aventura xornalística coa revista Nuevo Teatro Crítico (1891), escrita completamente por ela. En 1892 funda e dirixe a Biblioteca de la Mujer, ofrecendo aos lectores unha colección de obras clave para o feminismo.

É a autora do primeiro texto moderno feminista, a primeira muller nomeada Presidenta da Sección de Literatura no Ateneo de Madrid , a primeira nomeada Consejera de Instrucción Pública, a primeira muller catedrática de Literatura Contemporánea de Lenguas Neolatinas da Universidad Central de Madrid… Consciente do sexismo dentro dos círculos intelectuais, tentou entrar na Real Academia de la Lengua en tres ocasións, pero non o conseguiu…

Dende 1916 ata a súa morte en Madrid o 12 de maio de 1921, foi mestra de Literaturas románicas na Universidade de Madrid, cátedra que se creou para ela.

 

Máis información:

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s