En novembro estamos a ler El palacio de la luna de Paul Auster, no Club de lectura mensual

texto por Patricia Nuñez 

EL PALACIO DE LA LUNA, de PAUL AUSTER2 el palacio de la luna

Marco Stanley Fogg é un orfo que creceu baixo o coidado de seu tío Victor, un clarinetista con pouca fortuna, e, cando este morre, Marco consegue vivir durante un tempo da venta dos libros que lle deixou en herdanza. Na mesma época na que o home camiña por primeira vez sobre a lúa, M. S. Fogg comeza unha viaxe na busca da súa identidade e das súas orixes que o levarán de Manhattan ao remoto Oeste americano. “El Palacio de la Luna” é unha narración de historias cruzadas que converxen dunha forma maxistral.

O AUTOR: PAUL  AUSTER

2 paul austerPaul Benjamin Auster naceu en Newark, estado de New Jersey (Estados Unidos), o 3 de febreiro de 1947, fillo de Queenie e Samuel Auster, parella que posuía diversos edificios na área de Jersey. Dende moi novo foi un ávido lector, sendo os seus escritores favoritos Fedor Dostoievski, Edgar Allan Poe, Miguel de Cervantes, Franz Kafka, Samuel Beckett ou Willian Shakespeare.

Despois de estudar no instituto Marplewood Paul viaxou por diferentes países europeos e, posteriormente estudou lingua e literatura inglesa na Universidade de Columbia, centro no que se graduou en 1970.

En Francia exerceu como tradutor de autores franceses ata a súa volta aos EE UU no 1974, ano no que se asenta en Nova York e comeza a traballar como xornalista. A principios dos 80, tras un período no que escribiu ensaio e poesía, Auster debuta como novelista con “Xogada de presión” (1982) publicado baixo o pseudónimo de Paul Benjamin, e ese mesmo ano aparece “A invención da soidade” novela xa firmado por Auster de corte autobiográfico. Pero o autor, destacaría internacionalmente ao publicar “A Triloxía de Nova York”, título que engloba tres novelas de intriga “A Cidade de Cristal” (1985), “Pantasma” (1986) e “A habitación pechada” (1986).

Auster enlazou as súas seguintes obras incluíndo nelas episodios da súa propia vida, aínda que sen intención autobiográfica.  En 2006 recibiu o premio Príncipe de Asturias das Letras.

Máis información sobre súa vida e obra en:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s