A Virginia le gustaba Vita, novo libro no Club de Lectura Semanal

texto por Gabriel Gomez Estevez 

A autoraImagen1

Pilar Bellver Gallego (Villacarrillo, Jaén, 1961) é unha escritora española.

Os seus pais emigraron a Colombia, onde Pilar Bellver pasou os primeiros anos da súa infancia. A súa familia volveu a España cando ela comezaba a adolescencia. É licenciada en Ciencias da información, rama de Xornalismo, pola Universidade Complutense de Madrid.

Entre as súas novelas, destacan La tercera vez (1997), Veinticuatro veces (Lumen, 2000), La vendedora de tornillos o El Tratado de las Almas Impuras (2006), Vecinas (Bruguera, 2009), A todos nos matan antes de morir (Algaida, 2010).

A súa obra literaria ten claros componentes de denuncia contra “o sistema capitalista, patriarcal, impositivamente heterosexual e xudeucristián” fronte ao que as protagonistas das súas novelas adoitan adoptar posturas belixerantes.

Participou no libro colectivo de relatos Ábreme con cuidado (Dos Bigotes, 2015), para o que escribiu un texto inspirado na relación íntima que mantiveron Virginia Woolf e a tamén escritora Vita Sackville-West. Este relato converteuse nunha novela.

 

A obra. A Virginia le gustaba Vita (2016)Imagen2

Tomando como punto de partida unha das cartas íntimas intercambiadas entre Vita Sackville-West e Virginia Woolf mais os datos biográficos dos que dispomos, Pilar Bellver construíu unha novela extraordinaria en todos os sentidos: pola súa deslumbrante calidade literaria, pola súa rara e perfecta mestizaxe entre ficción e documentación e pola ousadía do reto creativo ao que se enfronta como autora ao atreverse a dotar de corpo e de voz tanto a Virgina Woolf, unha das escritoras máis influíntes do século XX, como á súa amante, Vita Sackville-West, tamén escritora e quizais a aristócrata máis famosa da Inglaterra da súa época.

A Virginia le gustaba Vita é unha historia de amor real e á vez maxistralmente recreada na imaxinación de Bellver, que logra que admiremos o apaixonado sentido da liberdade que levou a Vita a tratar de conseguir o amor de Virginia saltándose todos os convencionalismos e, o que é máis difícil, que poidamos coarnos dentro da complexa mente de Virginia para entender mellor a loita que mantivo coas súas pantasmas —físicas e mentais— ás que tivo que vencer antes de aceptar o abrazo de Vita. E todo dentro do rico marco histórico do período de entreguerras, dentro do ambiente transgresor que uniu os membros do grupo de Bloomsbury e sen esquecer os especiais lazos que se estableceron entre elas e os seus maridos, Harold Nicolson y Leonard Woolf.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s