La amiga estupenda, novo libro no club de lectura semanal

texto por Gabriel Gómez Estevez 

Martin A. La ReginaA amiga xenial. Información da obra

A autora

Elena Ferrante (Nápoles, 1943) é unha escritora italiana. É o pseudónimo dunha escritora da cal hai moi pouca información. Algúns afirman que naceu en Nápoles, logo mudouse a Grecia e finalmente a Turín.

A autora concede poucas entrevistas, todas elas por escrito e intermediadas polas súas editoras italianas. Nelas, explica que optou polo anonimato para poder escribir con liberdade, e tamén para que a recepción dos seus libros non sexa influenciada por unha imaxe pública. A través delas recoñeceu ser unha muller, nai de familia e que a súa obra é de inspiración autobiográfica.

En outubro de 2016, o xornalista italiano Claudio Gatti publicou un artigo polémico en que revela que a escritora é, na verdade, unha tradutora chamada Anita Raja. Anita é filla dunha alemá que foi para Italia despois do Holocausto. Está casada co escritor Domenico Starnone. Días despois, Anita Raja confirmou a través de Twitter que, tal como se acababa de publicar na prensa, ela era Elena Ferrante. Non obstante, pedía privacidade anunciando que non quería volver falar sobre ese tema. Porén, días despois Tommaso Debenedetti, famoso por publicar numerosas entrevistas falsas a famosos, confesaba ser o autor do falso perfil en Twitter de Anita Raja declarando ser Ferrante. Non obstante, ao mesmo tempo confirmaba que despois falara con Anita Raja, quen lle confesara a súa identidade coa famosa autora. Aínda que a fiabilidade de Debenedetti é escasa polos seus habituais enganos, neste caso e dadas as investigacións paralelas realizadas por xornalistas que seguiron a pista do diñeiro dos dereitos de autor, a identidade de Anita Raja como Elena Ferrante parece confirmada.

Aínda así, un equipo de científicos e literatos, na Universidade de Padua, o pasado mes de setembro realizou un estudo comparativo e a conclusión deste -baseado en diferentes métodos automáticos- non deixa lugar a dúbidas, segundo eles Domenico Starnone é o autor detrás do pseudónimo de Elena Ferrante, cousa que o autor non tardou en desmentir.

En 2002 publicou I giorni dell’abbandono (Os días do abandono) que en 2004 foi traducida ao castelán. Ao ano seguinte estreouse a película.

«L’amica geniale» (A amiga xenial), foi o primeiro volume dunha saga que reconstrúe a traxectoria de dúas mulleres e traza un gran fresco histórico e social dos anos cincuenta do século XX até o presente. O libro A amiga genial -primeiro da coñecida como “série napolitana”- está sendo adaptado para a TV pola HBO.

A súa obra, traducida ao castelán, é a seguinte:


  • El amor molesto, Destino, 1996.
  • Los días del abandono, Salamandra, 2004.
  • La hija oscura, Lumen, 2011.
  • La amiga estupenda, primer volumen de la saga Dos amigas, Lumen, 2012.
  • Un mal nombre, segundo volumen de la saga Dos amigas, Lumen, 2013.
  • Crónicas del desamor, Lumen, 2011, recopilación de las tres primeras novelas de la autora.
  • Las deudas del cuerpo, tercer volumen de la saga Dos amigas, Lumen, 2014.
  • La niña perdida, cuarto volumen de la saga Dos amigas, Lumen, 2015.

 

 

A obra. A amiga xenial (2011)

 

Con A amiga xenial, Elena Ferrante inaugura unha tetraloxía deslumbrante que ten como pano de fondo a cidade de Nápoles a mediados do século pasado e como protagonistas a Lenù e Lila, dúas mulleres novas que están aprendendo a gobernar a súa vida nun contorno onde a astucia, antes que a intelixencia, é o ingrediente de todos os mollos.

A relación a miúdo tempestuosa entre Lila e Lenù vén acompañada dun coro de voces que dan corpo á súa historia e nos mostra a realidade dun barrio pobre, habitado por xente humilde que acata sen rechistar a lei do máis forte, pero A amiga xenial está lonxe do realismo social: o que aquí temos son uns personaxes de carne e oso, que nos intrigan e nos deslumbran pola forza e a urxencia das súas emocións.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s