O club de lectura mensual comeza Que me queres amor de Manuel Rivas

Texto por Patricia Nuñez 

DECEMBRO 2017:  QUE ME QUERES, AMOR?, de MANUEL RIVAS

Este libro, é un conxunto de relatos que rescatan a grandeza do pequeno. Manuel 3 que me queres, amorRivas ofrécenos unha interpretación lírica, dura e delicada á vez, dun país habitado polo tempo e por xentes que reclaman o seu dereito a ter unha historia que contar. Un libro de extrema sensibilidade, que contén os contos que foron levados ao cine no filme A lingua das bolboretas.

Premio Nacional de Narrativa e Premio Torrente Ballester, este libro de relatos de Manuel Rivas supuxo a súa consagración definitiva como narrador. Un orixinal universo literario que enxalza a grandeza do pequeno, que descobre o milagre do mundo no soño dun saxofonista ou na brancura luminosa do leite fresco. Unha ollada dura e, ao tempo, delicada sobre ese territorio no que a realidade linda cos soños, onde se agocha a verdade de cadaquén

O AUTOR: MANUEL RIVAS

3 Manuel-RivasManuel Rivas (A Coruña, 1957), escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de vinte linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo.

Como narrador ten publicado: “Todo ben” (1985); “Un millón de vacas” (1989), Premio da Crítica Española; “Os comedores de patacas” (1991); “En salvaxe compaña” (1994), Premio da Crítica Galicia; “Que me queres, amor?” (1996), Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa; “O lapis do carpinteiro” (1998), Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional (2001); “Ela, maldita alma” (1999); “A man dos paíños” (2000); “As chamadas perdidas” (2002); “Contos de Nadal” (2003) reeditado na colección Fóra de Xogo como “Madonna e outros contos de inverno” (2015); “Os libros arden mal” (2006), Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano, Premio da Crítica, Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid, Premio da Crítica Galega, Premio Losada Diéguez, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; “Todo é silencio” (2010), “As voces baixas” (2012) e ”O último día de Terranova” (2015).

Reuniu todos os seus contos no volume “O máis estraño” (2011). Tamén é autor dunha extensa obra xornalística e poética en lingua galega. Para o público infantil ten publicados os contos “O sombreiro Chichiriteiro” (2009), “O raposo e a mestra” (2013) e “Bala Perdida” (1997, Xerais, 2016). En 2015 publicou o poemario “A boca da terra”.

 

Máis información sobre a súa vida e obra en:

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s