La insólita pasión del vendedor de lencería. Novo libro no Club de lectura semanal

Texto por Gabriel Gómez Estevez

La insólita pasión del vendedor de lencería. Información da obra

 A autora

Asako Hiruta (Sapporo, Xapón, 1979). Tras graduarse nasako hirutaa facultade de Literatura Xaponesa da Universidad de Otsuma Joshi de Tokio, volve á súa terra natal e traballa nunha axencia de publicidade.

En 2007 deixa o seu emprego alí e comeza a escribir. Ao ano seguinte gaña a sétima edición do premio de literatura R-18 (un premio ao escritor novel de ficción erótica escrito por mulleres para mulleres) da editorial Shinchosha co relato «Jijô jibaku no watashi» (Como me atei a min mesma), que en 2010 se converteu na peza central dun volume de relatos homónimo e que en 2013 o director de cinema Naoto Takenaka levou á gran pantalla.

A continuación escribe a novela Hoshi to monosashi (Estrelas e distancias, 2012) e outras dúas coleccións de relatos: Hitohada shokora riky’ru (2013, O licor de chocolate a temperatura humana) e Ai o furikomu (2013, Domiciliar o amor).

En 2015 a súa consagración nacional e internacional prodúcese con Fittā Ekkusu no ijō na aijō (La insólita pasión del vendedor de lencería).

Hiruta ten un talento para capturar as vidas das mulleres contemporáneas, especialmente a súa vida sexual. As súas propias experiencias vitais tamén se refliten amplamente nas súas obras.

 

A obra. La insólita pasión del vendedor de lencería (2015)la insolita

Satsuko traballa nunha axencia de publicidade e leva demasiado tempo sen mozo.

Un día, saíndo da casa con presas para ir traballar, decátase de que non leva suxeitador, así que, para non aparentar falta de seriedade, entra nunha tenda de lenzaría. O dependente é un mozo -Yō- que, mentres a atende,  vaille dando consellos como se fosen amigos de toda a vida. O descaro do vendedor atráea e repele a partes iguais. Pero Satsuko non tardará en volver á tenda e descubrir que Yō ten un don.

A partir daquela, Satsuko comeza a reflexionar sobre si misma e o lugar ao que a conduciu a súa vida.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s