En Febreiro o Club de lectura mensual está a ler: Nos vemos allá arriba

5 nos vemos alla arriba

texto por Patricia Nuñez 

NOS VEMOS ALLÁ ARRIBA, de PIERRE LEMAITRE 

Galardoada co Premio Goncourt, esta novela foi un auténtico fenómeno editorial en Francia. Un emocionante canto á capacidade de superación do ser humano e un  atrevido retrato dunha sociedade descomposta por un dos máis crueis inventos do home: a guerra.

Nos vemos allá arriba  é unha brillante fusión de literatura popular e alta literatura, Pierre Lemaitre creou unha trepidante historia que progresa ao ritmo dunha trama detectivesca. Integrando con mestría elementos de xéneros tan diversos coma o relato de aventuras, o drama psicolóxico, a crónica social e política e a reivindicación antibelicista.

 

 

O AUTOR: PIERRE LEMAITREA2-82792255.jpg

Autor, guionista e psicólogo francés, Pierre Lemaitre, naceu en París o 19 de abril de 1951, é máis coñecido pola súa labor literaria, centrada no xénero negro e policial, así como polo seu traballo como guionista para a industria do cine e a televisión. Durante anos traballou como profesor para adultos, ensinando comunicación, cultura xeneral e literatura destinada a bibliotecarios. Casou aos 50 anos e con 60 naceu o seu primeiro fillo.

A súa chegada ao mundo de la literatura foi tardía, con 56 anos, dando os  seus primeiros pasos dentro do xénero negro onde habería que destacar os libros protagonizado por Camille Verhoeven, personaxe fetiche. Pero foi no 2013 cando deu o salto á primeira plana da literatura con Nos vemos allá arriba.

Entre as súas  obras máis coñecidas está;  a súa primeira novela Irene (Travail soigné, 2006), que é unha homenaxe aos autores contemporáneos que admira; Vestido de noiva (Robe de marié, 2009), onde mostra a súa admiración por Hitchcock; Camille (2012), e Recursos inhumanos (2010)

Ao longo da súa carreira recibiu premios como o Goncourt, o CWA International Dagger, o Tulipe, o Le Point e o Raffaelo Brignetti.

 

ENLACES DE INTERESE:

Crítica da obra no xornal  El País: https://elpais.com/cultura/2014/05/26/babelia/1401107760_904345.html

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s