En xaneiro o Club de lectura mensual está a ler: Los platos mas picantes de la cocina tártara

4 Alina-bronskyLOS PLATOS MÁS PICANTES DE LA COCINA TÁRTARA, de ALINA BRONSKY

 

Despois  do colapso da Unión Soviética, a necesidade de supervivencia de Rosalinda a leva, xunto coa súa filla Sulfia e súa neta Aminat, dende os Urais a Alemaña, a terra prometida. En Alemaña, traballa de señora da limpeza, e na súa casa é unha tirana que impón o seu criterio na vida da súa filla e  de Aminat.

Alina Bronsky conta a historia da infancia e xuventude de Aminat, dividida entre unha nai desgraciada e unha avoa egoísta e manipuladora, obstinada en manter a toda costa as súas raíces tártaras.
Un libro con grandes doses de humor negro, que relata la hilarante historia de tres mulleres inesquecibles, unha traxicomedia familiar, e  un retrato da nova Europa.

 

 

A AUTORA: ALINA BRONSKY

 

Escritora alemá nacida en Rusia en 1078, Alina Bronsky (pseudónimo) pasou a súa infancia na parte asiática dos Urais e a súa xuventude no Estado de Hesse (Alemaña). Despois dos seus estudos de medicina, que non concluíu, traballou como periodista. Na actualidade vive preto de Frankfurt. A súa primeira novela Scherbenpark (O parque dos cristais rotos, 2008) recibiu o aplauso da crítica, converténdose nun bestseller que pronto se traduciu a outras linguas.

 

En canto á temática da obra de Alina, a mesma autora admite que despois de ter experimentado a vida nunha comunidade pequena e periférica, que sufre de desvantaxe económica, desprazamento cultural e marxinación lingüística, ela mesma aproveitou parcialmente as súas propias experiencias á ora de escribir e dar vida ás personaxes.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s