O club de lectura semanal comeza Atracción Total

texto por Gabriel Gómez Estevez 

Atraccion total. Información da obra

A autoraImagen2

Carmen Blanco García (Lugo, 1954) é unha escritora e feminista galega autora de poesía, narrativa e ensaio, e profesora da USC.

Participou desde os anos setenta no movemento de liberación das mulleres e, como ensaísta, centrouse especialmente nas interrelacións de poder, muller, sexo, lugar, memoria, cultura, arte e literatura, temática na que profundizou nun camiño libertario na súa obra ensaística e literaria. Centrouse tamén en literatura e cultura galegas, tendo colaborado, ao mesmo tempo, en numerosos libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais.

Foi profesora agregada de Lingua e Literatura Española e de Lingua e Literatura Galega de ensino medio e na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo. En 1994, leu na Universidade de Santiago de Compostela a súa tese de doutoramento “Imaxes de mulleres na literatura galega contemporánea á luz dos discursos feministas“. No momento actual, exerce como profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela no Campus de Lugo.

No ano 2000, fixo a letra do himno galego da Marcha Mundial das Mulleres, “Marchando máis alá”. No 2005 foi unha das fundadoras da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo, onde exercer de secretaria.

Coordina, co poeta Claudio Rodríguez Fer, a publicación intercultural e libertaria Union Libre, Cadernos de vida e culturas.

A súa obra poética consta dos poemarios Estraña estranxeira, Un mundo de mulleres e Lobo amor.

A súa obra narrativa está conformada por Vermella con lobos e Atracción total. Cultivou a creación plástica deseñando e ilustrando diversos poemarios.

A súa heterónima Emma Luaces, que leva o nome en homenaxe á anarquista rusa Emma Goldman  e á xenealoxía materna da autora, publicou versións de Safo en Do amor e da literatura e poemas da serie “Lobo azul”.

 

A obra. Atracción total (2008)

Imagen1Atracción total é unha obra en busca da verdade poética nos extremos máis extremos do microrelato e do relato de relatos.

 

O libro deseña, con retallos, un tapiz de tapices, como a vida, e foi escrito como que cose. Nel faise unha exaltación radical do pracer, da liberdade, das mulleres, dos homes, da natureza, do progreso harmónico e da memoria contra o poder, para asumir plenamente a vida, en paz, con alegría e ata as súas últimas consecuencias.

 

Con el, pois, atracción total: o amor, a liberdade, a vida.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s