O club de lectura semanal comeza: Nada se opone a la noche

Texto por Gabriel Gómez Estevez 

A autoraDelphine de Vigan

Delphine de Vigan (Boulogne-Billancourt, Francia, 1966) é unha galardoada escritora e directora francesa.

Despois dunha formación no CELSA (Centre d’études littéraires et scientifiques appliquées ), De Vigan traballou como directora de estudos nun instituto de sondaxe, combinando este traballo coa escrita das súas primeiras catro novelas polas noites. O seu primeiro traballo publicado, Jours sans faim (“Días sen fame”; 2001), saíu á venda baixo o pseudónimo de Lou Delvig, aínda que posteriormente escribiría exclusivamente co seu propio nome​.

O seu primeiro éxito foi No et moi (“No mais eu”; 2007), obra que gañou o Premio Rotary International en 2009 así como o prestixioso premio francés Prix des libraires. A novela foi traducida a vinte idiomas e en 2010 levouse a cabo unha adaptación cinematográfica. Tras o éxito do libro, de Vigan comezou a dedicarse por completo á literatura, convertíndose nunha escritora profesional.

En 2011, a súa novela Rien ne s’oppose à la nuit (“Nada se opón á noite”) tivo un gran recoñecemento tanto a nivel de público como de crítica. Ese mesmo ano asina xunto a Gilles Legrand o guión do filme Tu seras mon fils (“Serás o meu fillo”). En 2013 dirixirá a súa primeira película, À coup sûr (“Con seguridade”), sendo tamén coguionista.

Este presente ano vén de coñecer a súa nova novela, Les loyautés (“As lealdades”).

 

A obra. Nada se opone a la noche (2011)Nada se opone a la noche - Delphine de Vigan

Despois de atopar á súa nai morta en misteriosas circunstancias, Delphine de Vigan convértese nunha sagaz detective disposta a reconstruír a vida da desaparecida.

Os centos de fotografías tiradas durante anos, a crónica do avó de Delphine, rexistrada en cintas de casete, as vacacións da familia filmadas en Súper 8 ou as conversas mantidas pola escritora cos seus irmáns son os materiais dos que se nutre a memoria.

Achámonos ante unha espléndida e sobrecolledora crónica familiar, pero tamén ante unha reflexión sobre a «verdade» da escritura, porque son moitas as versións dunha mesma historia e narrar implica elixir unha desas versións e unha maneira de contala. E esta elección ás veces é dolorosa, porque na viaxe da cronista ao pasado da súa familia irán agromando os segredos máis escuros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s