¿Por qué ser feliz cuando puedes ser normal?, nova libro no club de lectura semanal

texto por Gabriel Gómez Estevez 

A autora

Jeanette Winterson, (Manchester, Inglaterra, 1959) é unha escritora inglesa, cuxas obras pódense situar dentro do ámbito posmodernista.

Adoptada por unha parella evanxélica, medrou en Accrington, Lancashire, no Norte de Inglaterra. Educada na Igrexa Pentecostal Elim, de nena quería ser unha misioneira e xa aos seis anos escribía sermóns.

Jeannete abandonou o fogar aos 16 anos tras confesar á nai que estaba namorada doutra muller. Esta experiencia reflexaríaa máis tarde na súa ópera prima, Froita prohibida, que publicou aos 24 anos.

A esta novela téñena seguido máis dunha vintena de obras nas que trata frecuentemente o tema da homosexualidade feminina ou lesbianismo. Considérase unha das mellores escritoras anglosaxonas da época contemporánea.

Foi condecorada en 2006 coa Orde do Imperio Británico. Colabora de forma asidua con publicaciones periódicas do seu país.

 

A obra. ¿Por qué ser feliz cuando puedes ser normal? (2011)

“Por que ser feliz cando podes ser normal?”, preguntou a señora Winterson á súa filla Jeanette cando ela, acabados de cumprir os dezaseis anos, confesoulle terse namorado doutra rapaza.

Estraña pregunta, pero pouco máis podía esperarse dunha muller que adoptara unha nena para facer dela unha aliada na súa misión relixiosa: armada con dous xogos de dentadura postiza e unha pistola escondida baixo os panos de cociña, a señora Winterson fixo o que puido para disciplinar a Jeanette: na casa os libros estaban prohibidos, as amizades eran mal vistas, os bicos e abrazos eran xestos extravagantes, e calquera falta castigábase con noites enteiras ao raso, pero de nada serviu.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s