En maio, o club de lectura semanal está a ler: «MORENA, PERIGOSA E ROMÁNICA», DE PEDRO FEIJOO

Texto p8 MORENAor Patricia Nuñez 

«MORENA, PERIGOSA E ROMÁNICA», DE PEDRO FEIJOO

O argumento da novela máis cómica deste autor, é unha volta de torca na súa narrativa xa que, tras Os fillos do mar e A memoria da choiva, nos que o misterio estaba tan presente, o único obxectivo deste libro é facer rir ao lector.

 

Sinopse (Ed. Xerais): Co seu permiso vou introducir un argumento: cando a señora Chismes, a veciña do segundo, chamou á miña porta, eu pensei que o que viña buscando era o meu amor. Ou un pouco sal. . . Pero polo visto o asunto non ía por aí. En lugar do desexo ardente de verme en roupa interior, o que aquela muller traía na cabeza eran dúas cousas ben distintas: demasiada colonia barata, e a intención de enlearme no maior roubo do século. O que estou a piques de compartir con vostedes é a historia dun grupo de xente decidida a todo, convencida de que o mellor que poden facer para saír do desastre en que a crise converteu as súas vidas é dar o golpe definitivo, sacar adiante a empresa. Velaquí a disparatada aventura dunha serie de superviventes deste tempo cruel, personaxes sen oficio nin beneficio coñecido, desesperados e, para maior complicación, incapaces de sumar entre todos eles unha única neurona útil. . . Por certo, díxenlles xa que son vostedes un público marabilloso?

 

O AUTOR: PEDRO FEIJOO8 PEDRO FEIJOO

Nado en Vigo, 1975. Exerceu profesionalmente como músico, cunha intensa traxectoria como produtor, compositor e membro dalgúns dos máis salientables proxectos musicais galegos.

Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro “Cousas do «Galicia», por Castelao” (1997), ao que seguiu a crónica “Viva o Fu Remol!” (Xerais, 2005). Como narrador publicou as seguintes novelas: “Os fillos do mar” (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Juan de San Clemente 2013; “A memoria da choiva” (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Juan de San Clemente 2015; “Morena, perigosa e románica” (Xerais, 2015), “Os fillos do lume” (Xerais, 2017) e “Sen piedade” (Xerais,2018). Ademais, publicou o libro “Camiñar o Vigo vello” (Xerais, 2018).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s