Para rematar maio, o club de lectura semanal comeza: MANUAL PARA MUJERES DE LA LIMPIEZA

Texto por Gabriel G. Estévez

Manual para mujeres de la limpieza. Información da obra

A autoramanual

Lucia Brown Berlin (Juneau, Alasca, USA, 1936 – Marina del Rey, Los Ánxeles, USA, 2004) foi unha escritora e profesora universitária estadounidense. Escribiu 77 relatos cuxos temas estaban conectados coa súa personalidade e a propia experiencia dunha vida complexa que a convertiu, segundo os críticos literarios, nun personaxe maldito e de lenda, cunha historia sentimental atormentada, alcoholismo, serios problemas económicos que solventou limpando casas alleas, problemas de saude etc. A súa obra ten sido comparada coa de Hemingway e Carver. En 1991 con Homesick gañou o American Book Award pero o seu traballo quedou esquecido até once anos despois da súa morte, en agosto de 2015, coa publicación do volume de historias seleccionadas, Manual para mulleres de limpeza, chegou á lista dos best-sellers do New York Times na súa segunda semana, e nas semanas seguintes superou todos os seus libros anteriores xuntos.

Berlin naceu en Alasca e pasou a súa infancia en movemento, seguindo a carreira do seu pai como enxeñeiro de minas. A familia viviu en campos de minaría no estado de Idaho, Montana e Arizona, até que en 1941 o pai marchou á guerra e ela coa súa nai e a súa irmá trasladáronse a El Paso (Texas) cos seus avós maternos onde Lucia asistiu cunha bolsa de estudos a un colexio de monxas no que era a única protestante. Lucia Berlin describe a súa nai en moitos dos seus relatos como unha muller “fría, racista e alcohólica”. Lucia vivía practicamente cunha familia siria veciña. Ao final da guerra a familia instalouse en Chile, onde pasou de ser unha nena estadounidense de clase media a unha señorita de clase alta chilena, alumna dun exclusivo colexio privado. Dividiu o seu tempo, as fins de semana, entre as festas da alta sociedade e as visitas ás chabolas en compañía dunha profesora norteamericana.

Quería ser escritora ou xornalista; en 1955, cun castelán fluído, comezou a estudar na Universidade de Novo México onde foi alumna de Ramón J. Sender.

Lucia Berlin casara aos 17 anos mais ao ter o seu segundo fillo, o seu marido abandonouna. Nesa época, vivindo en Alburquerque, terminou os seus estudos e coñeceu ao poeta Edward Dorn, que foi clave na súa vida. Nesa época comezou a escribir.

En 1958, aos 22 anos, casou de novo e asinou os seus primeiros textos co nome de Lucia Newton. En 1959 trasladaouse a un loft de Nova York. Alí entaboaría amizade cun círculo de poetas e artistas.

En 1961 Lucia deixou o marido e marchou cos seus fillos con Buddy Berlin a México onde este se converteu no seu terceiro marido. Con el tivo outros dous fillos, divorciándose en 1968. Lucía nunca volveu casar.

Tras divorciarse traballou como profesora substituta na Universidade de Novo México.

De 1971 a 1994 viviu en Berkeley e Oakland (California). Con pouco máis de 30 anos Lucia deixaba tres matrimonios atrás e tiña catro fillos ao seu cargo. Sen profesión nin ingresos regulares realizou numerosos traballos.

En 1994 logrou unha praza na Universidade de Colorado e pasou os seguintes seis anos como escritora visitante e profesora asociada. No se segundo ano de estancia gañou o premio da universidade á excelencia no ensino.

Os estudantes adorábana pero o clima non lle sentaba ben e empeoraba os seus problemas respiratorios cada vez máis graves até o punto de non poder separarse dun tanque de oxíxeno.

En 2001 un cáncer de pulmón forzou o seu retiro. Trasladouse a California para estar preto dos seus fillos e instalouse no garaxe da casa dun deles.

 

A obra. Manual para mujeres de la limpieza (2015)manual 2

Co seu inigualable toque de humor e melancolía, Berlin faise eco da súa vida, abraiante e convulsa, para crear verdadeiros milagres literarios con episodios do día a día.

 

As mulleres dos seus relatos están desorientadas, pero ao mesmo tempo son fortes, intelixentes e, sobre todo extraordinariamente reais. Rin, choran, aman, beben: sobreviven.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s