COMO FUNCIONA O BLOG

Este blog nace co obxectivo que, través dos seus artigos ou entradas, podades coñecer e ser partícipes do que está a acontecer no centro sociocultural.

As entradas vanse organizando de forma cronolóxica é dicir, que o artigo ou entrada máis recente será a que vexamos primeiro e a máis antiga estará ao final.

Como se le este blog?

Os artigos organízanse por categorías segundo os temas que se traten, así que si queres ler todos os artigos dunha categoría en especial, por exemplo Club de Lectura, apareceran todos os artigos publicados que tratan este tema.

Moitos dos artigos teñen enlaces para poder ver fotos ou vídeos sobre o tema tratado, para velos tes que premer co rato sobre a frase “ver fotos” para abrir o enlace.

No marxe superior dereito veredes un despregable onde debes elexir a categoría:

  1. Adultos
  2. Charlas e conferencias
  3. Cidadáns dixitais / novas tecnoloxías
  4. Cinema
  5. Club de Lectura
  6. Club de Teatro
  7. Cultura e tradicións
  8. Cursos
  9. En xeral…
  10. Entroido
  11. Exposicións
  12. Fotos
  13. Historia da cidade
  14. Idiomas e outras culturas
  15. Infancia
  16. Pequenos reporteiros
  17. Mozos
  18. Nadal
  19. Proxecto Curta Carapuchiña
  20. Escola de Cidadanía
  21. Videos
  22. Visitas Culturais e Roteiros
  23. Xogos

Quen escribe este blog?

Debaixo do titulo do artigo ven a firma do autor do mesmo. Escríbenno os animadores do centro sociocultural coa colaboracion dos monitores e monitoras das actividades que se fan no centro.

Tamén pode haber aportacións de usuarios do centro ou usuarios do blog que queiran deixar a súa opinión aquí, e tamén son autores do blog os que deixan os seus comentarios en cada artigo publicado.

Como participar?

En cada artigo tes a oportunidade de deixar a túa opinión ou suxestión, que pode ser respondida por outro usuario ou polos administradores do blog.

Se queres mandar un artigo para que se publique, tes que mandalo ao seguinte mail: csxoensanche@santiagodecompostela.org

Advertisements

2 comments

  1. Ola, son Xoán (do club de teatro), deixei un pequeno escrito en honra a Luis no verán, e non me dín de conta ata agora que depois do meu nome poñía (club de lectura). Eu penso que non fun eu quen o puso, porque son do club de teatro. Non sei como solucionar este erro. Se alguén pode substituír o malentendido, e poñer detrás do meu nome (Xoán), “club de teatro”, agradézollo.
    Un saúdo.
    Xoán

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s