PRESENTACIÓN

Este blog naceu no 2011 a raíz dun proxecto dunha curta con persoas maiores para que puderan seguir o proceso os seus familiares, despois foi un espazo onde poder compartir os contidos dixitais producidos polas distintas actividades do centro. E na actualidade, mentres non dispoñamos de páxina web, estamolo utilizando para ter un espazo fora das redes sociais onde a cidadanía poida consultar as actividades do centro.

Dende a necesidade de compartir as experiencias do vivido aquí para acabouse convertendo  nun espazo informativo. Animámosvos a que exploredes o blog máis alá do que saia en primeia páxina.

Quen somos?

O CSC O Ensanche, é un recurso social, que traballa a prol da dinamización, participación da cidadanía e do desenvolvemento e o lecer comunitario no ámbito de Compostela, prestando servizos persoais de calidade e sendo lugar para o encontro e o estímulo tanto de iniciativas da administración como dos sectores asociativos e civís do barrio e da Cidade .Conta cunha superficie total de 1630m2, distribuídos nunha soa planta caracterizada polo dinamismo e a versatilidade que lle dá un estilo de rúa peonil, que fai de eixo central dos diversos espazos do centro: área de novas tecnoloxías, sala de usos múltiples, sala de xuntanzas, zona wifi, área de uso expositivo, zonas de uso libre e polivalentes,  punto de información, consulta de prensa diaria e revistas e biblioteca de afundación.

Integrado na Rede Municipal de Centros e Locais socioculturais foi sede dos servizos centrais de dirección, coordinación e xestión da Rede de Centros e Locais socioculturais, rexistro auxiliar e departamento de xuventude. Na actualidade, ademais da biblioteca e da area sociocultural, hai unha notable presenza do departamento de servizos sociais con dúas unidades de traballo social (zona do Ensanche, Pontepedriña, Castiñeiriño, Conxo e Santa Marta) con  dúas traballadoras sociais, unha  por UTS e dúas educadoras sociais. 

Abrimos as nosas portas ao barrio en decembro do ano 2006, traballando dende entonces nunha liña sociocultural caracterizada por varios eixos:

  • Ser un espazo de encontro para as persoas da barrio no que se propicie a proximidade e o diálogo.
  • Acompañar o traballo das entidades e organizacións do barrio e as súas iniciativas, integrando así un proxecto rico e compartido.
  • Fomentar o sentimento de pertenza e identidade de barrio.

Tes curiosidade de saber como éramos cando abrimos?  Preme aqui para ver o vídeo

A área sociocultural do centro aborda actualmente varios proxectos con accións estables durante todo o ano

Programa de saúde:

Actividades co obxectivo de traballar cara un avellentamento activo dos maiores do barrio e a mellora da calidade de vida da poboación en xeral: atendendo as necesidades físicas e cognitivas, así como actividades de movemento para o público en xeral e conferencias sobre aspectos de saúde.

Programa cultural:

A oferta de actividades culturais procura un equilibrio dinámico entre coñecemento e participación. A nosa motivación principal como institución sociocultural é por unha banda poñer en valor as iniciativas locais, e paralelamente facilitar oportunidades de participación dos públicos en actividades de creación cultural.

  • accións de promoción e difusión da cultura: espectáculos e exposicións.
  • accións de coñecemento e disfrute activo de produtos culturais: club de teatro, club de lectura, venres en familia
  • accións de creación cultural: club de teatro, cursos de creación literaria e formación en xeral

Programa de acceso ás novas tecnoloxías:

Oferta formativa dirixida ao achegamento ás novas tecnoloxías, a través de cursos e seminarios monográficos. Así como uso libre de equipos para autoconsulta, e zona wifi.

Téntase tamén introducir de maneira práctica as novas tecnoloxías dentro de actividades cotiás, integrándoas nos xogos con GPS, Codigos Bidi, etc…

Programa de intervención e revitalización nos espazos públicos: colaboración con entidades do barrio para eventos exteriores, e accións puntuais de rúa.

Dende setembro de 2023, nosa aula de informática presta tamén servizo na aula da Casa das Asociacións de Cornes, a 5 minutos andando do centro.

SERVIZOS QUE PRESTAMOS

Punto de recepción e información

Acollida e orientación ao usuario acerca dos servizos e actividades do centro.

 Aula de Novas Tecnoloxías

Espazo para a práctica e formación nas novas tecnoloxías de información e comunicación

Conta con dous espazos diferenciados, unha con nove equipos informáticos e outra con mesas e cadeiras que se utiliza como sala multiusos fora do horrio dos cursos debido á propia estrutura da aula que non permite actividades simultáneas.

Espazo de lectura e encontro

E o pasillo do centro que se divide en dúas zonas, unha para a lectura de prensa e revistas e outra para un uso mais informal coma pode ser ter conversar, xogar a algun xogo.

A zona de lectura conta con 7 mesas e 16 cadeiras, a zona de encontro conta con 5 mesas e 20 cadeiras, facendo un total de 36 postos.

Aqui poderás ler a prensa diaria (A voz de Galicia e Correo galego) así coma diversas revistas de temáticas moi diversas: emprendedores, fotogramas, Kids NG, Muy interesante, Psycologies, Que leer, Redes, Saber Vivir, Traveler/Altair, Clio/Historia

 Zona Wifi e punto de acceso informático

A zona wifi está situada na entrada do centro, conta con 8 mesas e 14 cadeiras e un punto de acceso eléctrico (regretas). A contrasinal está visible e poden conectarse aquel que queira sempre que traia o seu equipo (tablet, consola, móbil, portátil…)

Contamos con un punto de acceso informático libre, que é  equipo sobremesa con conexión a internet  pensado para consultas rápidas, é un equipo de segunda vida con sistema operativo Linux.

  Unidade básica de servizos sociais

Servizo comunitario da concellaría de Benestar social e Muller que desenvolve accións preventivas, asistenciais e rehabilitadoras para mellorar a calidade de vida da cidadanía. Ofrece información, asesoramento técnico, e acompañamento ás persoas, familias e colectivos para facilitar o seu acceso aos recursos sociais pertinentes.

Nestes momentos o centro acolle dúas traballadoras sociais que se encargan da atención das zonas de O Ensanche, Castiñeiriño e Conxo.

Traballan con cita previa que se ten que solicitar en 981542465 ou 981542471

 Biblioteca Infantil e xuvenil Afundación

Espazo de promoción da lectura dedicado á literatura infantil e xuvenil. Conta cun servizo de préstamo dun amplo catálogo de fondos en galego. Ademais, organiza obradoiros, cursos, visitas escolares, exposicións, etc…

Este espazo é de xestión independente do centro sociocutural. O contacto é biblio.santiago@afundacion.org e con teléfono 981593467

 Zona expositiva

O corredor do centro está deseñado para poder acoller exposicións de distinta índole. 28,70m de espazo total de parede e columnas preparado para acoller exposicións de pintura, gravados, fotografías, paneis…

Se queres expoñer ponte en contacto con nos en csxoensanche@santiagodecompostela.gal  e explicarémosche o procedemento solicitar o espazo.

Tamén contamos cun servizo de préstamo de salas a entidades sen ánimo de lucro inscritas no rexistro de asociacións do Concello. 

Podes seguirnos tamén en www.facebook.com/oensanche  en instagram @cscdoensanche ou próximamente na paxina oficial da rede de centros (EN CONSTRUCCIÓN)

* SE QUERES RECIBIR UNHA MENSAXE NO TEU CORREO CADA VEZ QUE SE ACTUALICE ESTE ESPAZO WEB ESCRIBE AQUÍ O TEU ENDEREZO ELECTRÓNICO

Deixar un comentario