Xa estamos en Nadal!!!!

Texto por Bea Cornide

Xa esta rematando o ano e con el chega o Nadal. Nesta época de crise é cada vez mais importante recordar os valores desta epoca do ano por riba do consumismo onde estamos inmersos.

A oferta de Nadal do Ensanche é do mais variada,

o xoves 15 de decembro ás 18h- posto informativo de Comercio Xusto e consumo responsable, coa colaboración de Panxea

O martes 20 de decembro ás 19h Cine de Nadal coa proxección de “La Gran Familia”

O mércores 21 de decembro ás 18.30h- Obradoiro de Xabons artesanais (adultos)

O xoves  22 de decembro hai moitas cousas á vez!!!:

17h: Encontro senior de Xadrez

17.30h: Visita do Paxe Real

18h: Obradoiro de intercambio de agasallos de nadal. O Agasallo viaxeiro

O 23 de decembro MONTAMOS O BELÉN!!!! faremos unha representación teatral do nacemento onde poderan participar todos os que queiran vindo a adorar o neno e cantarlle panxoliñas, todo isto a partir das 19.30h

De todo isto irémonos enterando a través de este blog grazas aos pequenos reporteiros no nadal que volven a converter este centro nunha redacción, so que este ano a actividade realizarase pola tarde.

E finalmente, poderemos investigar nas caligrafías esquecidas cun xogo moi divertido que se fará no centro o mércores 28 de decembro ás 12h (nenos/as de 7 a 8 anos)

Podes descargar as panxoliñas para cantarlle ao neno Xesús premendo aqui

Animámosvos a todos e todas a achegarte ao centro e compartir estas datas con nos.

Deixar un comentario