MONTAMOS O BELÉN, a historia do nacemento

Texto por Bea Cornide

O venres 23 de decembro representamos no centro un Belen, e este foi o resultado:

Os participantes habituais de escola de cidadanía xunto con todos aqueles que se quixeron achegar fixemos unha representación do nacemento onde os pastorciños (asistentes a actividade) fan a ofrenda e cantan panxoliñas ao neno que acaba de nacer. Todo isto nun ambiente festivo de convivencia, onde o obxectivo principal é o de pasar unha tarde todos xuntos facendo algo divertido e navideño, así como felicitarnos as festas.

Contan as sagradas escrituras que nunha cidade de Galilea, Nazaret, un ánxo de nome Gabriel acudeu a casa de María para anunciarlle que tería un fillo chamado Jesús. Ela estranouse porque aínda non casara co seu prometido, José, pero a profecía cumpreuse. O mesmo anxo apareceuselle en soños a José para explicarlle o misterio da concepción do neno e o papel importantísimo que terían todos na historia.

Había xa tempo, Deus, anunciara ao pobo de Israel por medio dos seus profetas que enviaría a un Mesías. Todos interpretaron que mandaría a un gran Rei-gerreiro coma o Rei David, que lles permitira terminar coa sumisión aos poderosos daquela época, que foron sucesivamente os reis de Mesopotamia, Persia, Grecia e Roma. Pero non!!!! Mandounos a unha persoa normal e corrente nacida nunha familia humilde.

Nese tempo, o emperador Romano Augusto Cesar, quixo saber o numero de servos que tiña e ordeou facer un censo, todos tiñan que inscribirse no seu pobo natal. Así que, con María embarazada, dirixíronse a aldea de José, en Belen, para censarse. E mentres estaban alí puxéronse de parto.

Tiveron ao neno nunha modesta cuadra rodeado de animais xa que a posada estaba completa e era o único que puderon ofrecerlles. Así que o recen nacido tivo como berce un pesebre.

Ao caer a noite, unha estrela que resplandecía mais que as outras situouse encima do lugar onde estaba o neno….

Non moi lonxe de alí había uns pastores pasando a noite á intemperie, turnándose para coidar do seu rebaño aos que se lle apareceu un anxo que lles dixo:

-“En Belén, o pobo do Rei David, naceu o Salvador nunha modesta corte, no medio dos animais”

Os pastores tremaban de medo, non entendían o que estaba pasando, cando de súpeto apareceron un coro de anxos cantando “Gloria a Deus nas alturas e na terra aos homes de boa vontade”, foi a irradiación da súa alegría a que encheu de esperanza os corazóns dos pastores.

-“A luz desta estrela serviravos de sinal, seguídea e atoparedes ao enviado de Deus para liberarnos. Está nun pesebre envolto en pañais”

Cando os anxos marcharon, os pastores dixéronse uns aos outros

– “Imos a Belén, a coñecer o neno que acaba de nacer”

Seguiron a estrela para poder coñecer ao neno que acababa de nacer. Alí atopáronse a Jose, a María e ao Neno que estaba deitado nun pesebre ao lado dun boi e dunha mula. Contáronlle á parella todo o que lles pasara e o que lle dixeran do neno. Asombrados, gardaron no seu corazón todo o que lle estaban contando.

Os pastores regresaron glorificando e alabando a Deus por todo o que viran e oíran, pois todo sucedeu como lle dixera o anxo. Converténdose así en anunciantes da natividade, todos os que os oían querían coñecer ao neno nacido no pesebre.

Lonxe, en Oriente, uns sabios esperaban a sinal do nacemento do Mesías, cando viron a estrela tan relucente souberon de inmediato que chegara o momento, o nacemento do enviado.

Así que se dirixiron a Belén, seguindo a estrela, presentáronse no castelo do Rei Herodes en Jerusalen, representante do Imperio Romano en Judea, preguntándolle polo neno:

-“Onde está o rei dos xudeus que xa naceu? Vimos a súa estrela en Oriente e viñemos a adoralo”

O Rei Herodes, que non sabía nada, convocou aos xefes de todos os sacerdotes e mestres de lei e preguntoulles polo que lle dixeran os Magos… onde nacera o Mesías.

“En Belén de Judea” – responderon- “segundo os profetas nacerá un príncipe que será o pastor do seu pobo, Israel”

Herodes, temendo polo seu trono, chamou aos magos e díxolles:

-“Está en Belén, ide alá e infórmense ben sobre ese neno, tan pronto o atopedes, facédemo saber para que eu tamén o poida adorar”

Despois de falar co Rei, observaron que a estrela que se levantara, ía diante deles e detívose no lugar onde estaba o neno. Cando chegaron alí, viron ao neno cos seus pais, axeonlláronse e o adoraron, abriron os seus cofres e presentaron como agasallo: oro, incenso e mirra.

Cando decidiron regresar aos seus países foron avisados por un anxo de que foran por outro camiño e que Herodes quería matar a Jesus. Avisaron a María e a José para que puxeran ao neno a salvo, que marcharon a Exipto hasta que morreu Herodes e volveron a Nazaret onde José traballaba a madeira

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s