CHARLAS SOBRE AFORRO ENERXÉTICO

O aforro enerxético é fundamental para reducir a nosa pegada ambiental e, ao mesmo tempo, aforrar diñeiro nas nosas facturas.

Neste mes de maio teremos dúas actividades te axudarán a comprender mellor como podes optimizar o teu consumo de enerxía e por tanto tamén a factura

Charla: “Todo o que tes que saber para pagar menos nas túas facturas”

Nesta charla, Joaquín Alonso, experto en aforro enerxético compartirá consellos prácticos para reducir os teus gastos en electricidade e gas.  Para poder comprender mellor os contidos tenta traer a túa factura eléctrica. Algúns temas que se abordarán son:

  • Quen é quen no subministro eléctrico: Diferenciar entre empresa distribuidora  e comercializadora
  • Tipos de contratos: Aprenderás a seleccionar a tarifa eléctrica máis adecuada para o teu fogar.
  • A factura da electricidade: que datos hai na factura a ter en conta
  • Hábitos de consumo: Descubrirás como pequenos cambios nos teus hábitos diarios poden marcar a diferenza.
  • Uso eficiente de electrodomésticos: Consellos para aproveitar ao máximo os teus dispositivos sen desperdiciar enerxía.

Obradoiros prácticos na Aula de Informática

1. Entende a túa factura de luz

Neste obradoiro, aprenderás a descifrar os conceptos clave da túa factura eléctrica. Algúns puntos a tratar son:

  • Potencia contratada: Sabes cantos quilovatios de potencia necesitas? Explicarémosche como calculala.
  • Consumo en quilovatios-hora (kWh): Comprenderás como se mide e como afecta á túa factura.
  • Impostos e cargos adicionais: Analizaremos os compoñentes da factura que ás veces pasan desapercibidos.
  • Simuladores online de facturas e comparadores de tarifas

2. Ferramentas en liña para o aforro enerxético

Neste taller práctico, exploraremos ferramentas dixitais que che axudarán a controlar e reducir o teu consumo de enerxía:

  • O contador intelixente: que é  e que datos nos pode dar para poder aforrar enerxía no fogar
  • Simuladores de aforro: Aprenderás a utilizar ferramentas en liña para calcular o impacto das túas decisións nas facturas.
  • Bricolaxe domótico: Monitorizacións sinxelas do consumo eléctrico.
  • Apps de seguimento: Descubrirás aplicacións que che permiten monitorizar o teu consumo en tempo real.
  •  

En definitiva…

O aforro enerxético non só beneficia a túa economía, senón tamén ao medio ambiente. Participa na charla e nos obradoiros para converterte nun consumidor máis consciente e responsable!

Deixar un comentario