FESTIVAL DE VIDEOXOGOS

MOSTRA DE VIDEOXOGOS REALIZADOS POLOS PARTICIPANTES DO CLUB XUVENIL DO ENSANCHE

O xoves 2 de maio de 18 a 20h o club xuvenil de informática organiza un FESTIVAL DE  VIDEOXOGOS. A actividade consiste na realización dunha mostra dos videoxogos creados en Scratch polos participantes do club xuvenil do Ensanche durante este curso.

Os asistentes a mostra poderán probar e xogar a tódolos videoxogos, mentres que os creadores van tomando anotacións sobre as puntuacións, tempos ou niveis alcanzados por cada un deles, ademais de explicar o funcionamento, motivacións e procesos que seguiron para a súa construción.

Ademais de probar os videoxogos tamén haberá un pequeno petisco para os asistentes. Ao final haberá unha entrega de trofeos e premios aos creadores e aos xogadores do videoxogos.

Data: xoves 2 de maio de 2042

Horario: 18 a 20h

Lugar: Aula de informática

Para todos os públicos

Deixar un comentario